UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 5 de abril de 2018

EXPERIMENTO CON ACEITE

      Todos sabedes que na Pementeira disfrutamos moito coas diferentes experiencias que nos axudan a descubrir, aprender e comprender moitas cousas que pasan no mundo. Co Proxecto Nautilus achegámonos ao mar e navegando por esas augas que cubren gran parte do noso planeta, tamén descubrimos un montón de curiosidades que espertan os nosos sentidos e conectan as nosas neuronas. Pois precisamente falando das cousas que poden flotar na auga ou non, xurdeu esta experiencia de hoxe. falamos onte de que podíamos facer barquiños de papel e que flotan na auga pero Dani fixo unha importante advertencia explicando que o papel ao mollarse desfaise e, entón, os barquiños xa non van flotar. Marcos dixo que el sabía un truco para que o papel non se desfixera na auga e consistía en botarlle aceite. Verdadeiramente o aceite actúa como unha capa impermeable sobre o barco xa que repele a auga.
          Así que hoxe tocoume levar aceite ao cole para facer o experimento. Fixemos os barquiños de papel, un deles recubrímolo de aceite e o outro non. Agora están os dous navegando nun pequeno recipiente cheo de auga e iremos vendo se algún deles se desfai na auga co paso dos días. O resultado polo tanto non podemos contalo aínda. ¡A ver que pasa!












    Despois, xa aproveitando que tíñamos o aceite, poidemos comprobar qué pasa se intentamos mesturar o aceite coa auga e comprobamos que aínda que remexéramos e remexéramos non había maneira de mesturales, en canto paraba de remexer, o aceite colocábase arriba e a auga quedaba na parte inferior do recipiente. Sin embargo cando mesturamos colorante alimenticio ou azucre coa auga, sí que conseguimos que se mesturasen e, no caso do azucre, estaba tan perfectamente disolto na auga que xa non conseguíamos velo. Pero, eso sí  ¡poidemos saborealo! (creo que iso foi o que máis lle gustou de todo o experimento!



Resultado de imagen de gifs animados ciencia












1 comentario:

  1. Que interesante é estiveron entusiasmados porque a nos na casa contounos e estaba expectante a ver que pasaría ao día seguinte no cole😂👏

    ResponderEliminar