UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 17 de abril de 2018

O GRAN BURATO AZUL DE BELICE

       Fai xa tempo que coñecemos o curiosísimo burato azul de Belice. Ese sumideiro ou cenote era unha cova fai miles de anos. A cova quedou posteriormente cuberta polo mar e finalmente o teito derrumbouse e por iso agora se ve como un gran burato no océano. Os pementeiros/as sentíronse moi atraídos/as por este curioso fenómeno que se aprecia nas vistas aéreas. Hoxe estivemos vendo imaxes e vídeos sobre o burato azul e fixemos unha actividade impresa que saíu moi ben. Aprendemos que alí podemos atopar varias especies de tiburóns, de peixes tropicais e de corales e descubrimos que o mesmiño Jacques Cousteau chegou alí co seu barco Calypso para bucear e comprobar a súa profundidade. Cousteau dixo que era un dos dez mellores lugares do mundo para facer submarinismo.


























1 comentario:

  1. Fascinante! Cousas increibles que nos deixan ca boca aberta. E con que naturalidade o contan os peques!

    ResponderEliminar