Hoxe foi un día ben completiño na Pementeira. Empezamos a xornada lendo unha fermosa historia a petición do grupo de nenos e nenas. Unha petición que me fixo especial ilusión, a verdade. A cousa foi que o luns celebramos o Día do Libro e falamos do que nos gusta ler, conversamos sobre D.Quijote e Sancho Panza e sobre as nosas historias favoritas. O martes chegou Daniel todo contento e contoume que o seu papá para celebrar o Día do Libro lle mercou un mentres el estaba na piscina. "¡Xenial! ¡Vivan eses papás e mamás que regalan fermosos libros aos nenos/as!Hai que felicitar a ese papá" díxenlle. Entón pregunteille: "¿E qué libro che mercou?" e díxome Dani: "Un que tes ti e que nunca nos contas!" Imaxinade a cara que me quedou... "E ¿que conto é ese?" e contestoume "El principito".
En fin, os que me coñecen un pouco saben que eu son moi fan desa fermosa e poética obriña, chea de reflexións, de pensamentos que poden parecer moi simples pero son realmente complexos, de ensinanzas sobre a vida... Total debín de mostrar tanto entusiasmo e admiración polo principiño que hoxe nada máis entrar na aula, varios nenos xa me soltaron:"¿Hoxe vas contarnos El principito? " E, obviamente, esa foi a lectura de hoxe. E quero mostrarvos a curiosidade coa que os pementeiros/as miraban polos buratiños da caixa que o aviador lle debuxou ao principiño, dentro da cal había un cordeiriño (que, por suposto, todos viron perfectamente, e todos dixeron que era superbonito).
Non podía sacar máis fotos porque tampouco quería romper a maxia da lectura pero é que estas expresións nas caras dos nenos e nenas tiña que mostralas.
Na horade facer unha actividade impresa disfrutamos dun pouco de música espacial. Xa que o principiño vivía nun asteroide pois puxemos música relacionada con ese tema e escoitamos, por exemplo, "Across the universe" dos Beatles ou "Space Oddity" de David Bowie.
A última hora da mañán fomos ver unha demostración de experimentos relacionados coa auga que fixeron os nenos e nenas de 6º A e pasámolo requetebén. Foron uns experimentos moi interesantes. Comprobamos, por exemplo, que un globo cheo de auga non explota se o "queimamos" cunha candea, ou que podemos facer una arco iris con lacasitos. ¡Mirade que interesados estaban os nenos e nenas da Pementeira!
E aproveitamos para recordar os experimentos que tamén fixemos nós coa auga e con aceite, colorante e azucre. Por certo, un dos barquiños de papel que deixáramos navegando efectivamente apareceu ao día seguinte desfeitiño e afundido na auga (creo que eu me esquecera de mostrarvos a imaxe). E gran parte do aceite co que impregnáramos o barquiño estaba flotando na auga (porque como sabemos non se mestura con ela, nin se disolve).
E por hoxe, nada máis. A ver se seguimos tendo historias para contar mañán.
A Dani le encantó encontrar el regalo en su habitación, y cuando vió qué libro era se puso aún más contento. ¡Estaba todo emocionado y nos dijo que cuando termináramos de leerlo en casa quería llevarlo al cole para compartirlo con todos! ¡Creo que es un libro que todos leímos cuando éramos pequeños!
ResponderEliminarY tanto que le gustó, fue lo primerito que me dijo al llegar al cole. Y ya me explicó que no podéis leerlo todo en un día, claro. Me hizo gracia que se fijase en que lo tengo en clase, nunca dejan de sorprenderme. Fijaos el poder de las imágenes, nunca me preguntaron por él pero cómo se quedan con las portadas. Ahora están muy interesados en la lectura! Enhorabuena por hacer esos regalos tan bonitos. Así sí que se va creando el interés y el difrute por la lectura!!!!
Eliminar