Con motivo da próxima celebración do Día de Europa, na Pementeira estamos empezando a adentrarnos nun dos países favoritos da profe: HOLANDA. Xa coñecemos algunhas cousiñas que nos están servindo para preparar unha presentación sobre ese fermoso país, que lle mostraremos a todos os que queiran visitar a nosa aula. Noutras aulas do cole traballarán sobre outros países europeos e os pementeiros/as esperamos poder visitar as súas mostras para coñecer EUROPA dun xeito moi directo.
Pois ben, de Holanda sabemos por exemplo:
1.-É un país pequeno que está por debaixo do nivel do mar.
2.- Os holandeses construíron pólders para gañarse terreo ao mar do Norte.
3.- Os muíños de vento servían para controlar o fluxo da auga polos canais e así evitar as inundacións deses terreos desecados, os pólders.
4.- A flor típica de Holanda é o tulipán, que en realidade foi traída de Turquía.
5.- A capital de Holanda é Amsterdam. En Amsterdam hai moitos canales, casas-barco e moitísimas bicicletas.
6.- Os holandeses fundaron Manhattan, o corazón de New York.
7.- Aos nenos e nenas holandeses gústalle moito xogar co coelliño Nijntjie ver os seus debuxos animados ou ler os seus contos.
Para ir entrando en materia (porque aínda temos que aprender, e recordar, máis cousas sobre Holanda) estivemos vendo uns vídeos sobre Amsterdam, sobre os pólders e ata escoitamos unha canción en holandés que nos cantou Nijntjie.
E como estamos mergullados no noso proxecto Nautilus, pensei que era moi interesante que os pementeiros/as comprobaran dun xeito o máis práctico posible (dados medios que temos nunha aula de infantil, claro) como os holandeses conseguiron ganarlle terreo ao mar mediante a construcción de diques e os pólders.
Empregamos una cubeta para facer de mar, pero primeiro medímola para saber qué lonxitude tiña que ter o dique que íamos construír. Fixemos o dique con pasta de modelar que tivemos que deixar secando toda a noite para que se endurecera.
Comprobamos que o dique encaixaba na cubeta para que impedira o paso da auga do mar.
Despois enchemos a cubeta de auga, colocamos o dique e procedemos a desecar unha das partes para, a continuación, encher ese espazo con terra. Unha vez seco o terreo e cuberto de terra xa se pode cultivar ou construír.
Agora esperemos que o noso dique resista ata o día 9 de maio polo menos!
Valeria estes días nn facia mais que falar do Pólder, esta toda emocionada contando o que faciades no cole e falando de Holanda.
ResponderEliminarAlégrome moito de que conten estas cousas na casa porque iso quere dicir que lles chamaron a atención, e iso é fundamental para que se xeren novas aprendizaxes, para que se recorden cousas e se vaian comprendendo... Espero que siga mostrando esa emoción porque é o máis bonito desta etapa, a emoción por descubrir a aprender!!!!
Eliminar