Hoxe estivemos recordando información xa sabida do Proxecto Nautilus e coñecendo algúns datos novos sobre o mar e os seus segredos. Como na Pementeira hai sempre competicións para ser o máis rápido, o máis forte, o que ten máis anos e ata o que máis berra etc. etc. decidín que íamos facer un listado con algúns aspectos destacados relacionados co mundo do mar. E así foi, escribimos e gravamos cal é o océano máis grande, o peixe máis veloz, a illa máis grande, o animal máis grande, o océano máis frío, o lugar máis perigoso para navegar, o punto máis lonxano de calqueira masa de terra no medio dun océano, o lugar máis profundo nun océano...
E algúns nenos e nenas animáronse a comunicar estas informacións diante da cámara para que tamén vós, nas casas, poidades ver o que estamos aprendendo ou investigar máis sobre estos temas, ou ampliar este listado de "O MÁIS..."
Unha das cousas que máis lles chamou a atención aos pementeiros/as foi o lugar máis perigoso para navegar, a pasaxe de Drake (que se chama así precisamente polo famoso pirata Francis Drake). Este lugar de paso dos buques entre Sudamérica e a Antártida é o punto de confluencia entre o Océano Pacífico e o Océano Atlántico, alí son moi frecuentes as tormentas e os fortes ventos e as ondas son enormes, por iso os barcos corren serio perigo de naufraxio. Aquí vos deixo un vídeo que tamén estivemos vendo na aula...
Como vedes isto é o máis do máis. ¿Alguén ten algunha información similar que poidamos engadir?, Non sei, o peixe con máis dentes, o mergullador que acadou o récord de profundidade...Ao mellor hai outro dato que os pementeiros/as poden contarnos na aula.
¡¡¡Encántame!!!! pero que ben o fixeron!!! Pois mans a obra para buscar información sobre o máis do máis!!!
ResponderEliminarSí que o fixeron ben, gustoulles o de "O MÁIS..." e recordaron a información sin esforzo ningún.Todo o que sexa "máis que..." triunfa. Terei que facer outra actividade con "O menos..." a ver que pasa! jajajaja. Pero o importante é que todos van escoitando, e asimilando informacións, e van recordando o que máis lles atrae ou desperta a súa curiosidade e iso é xenial!
Eliminar