Nova celebración de aniversario na Pementeira. Hoxe foi o día de Yeico que xa estaba máis que impaciente por ter 5 anos. Chegou o cole feliz de ser o rei do día, levar a súa coroa (ata no patio para xogar), apagar as candeas e compartir con todos os amiguetes os deliciosos biscoitos. Por suposto, hoxe tamén acabei desmaiada. As familias mandades uns doces tan saborosos que non o podo evitar.
Aproveito esta entrada para compartir con todos vos un vídeo dos pementeiros/as traballando con tranquilidade mentres disfrutamos da música de Mozart. Costa un pouquiño estar calados e concentrados facendo unha ficha ultimamente, pero cando o conseguimos, gústame que o vexades para que comprobedes que estes nenos e nenas son capaces de comportarse ben e de facer as tarefas con orden e interese. ¡Felicitádeos por intentalo e logralo! Gustaríame que viran que estamos orgullosos deles cando se comportan así de ben e que é agradable traballar relaxadamente escoitando música. E así, despois, temos máis tempo para xogar, ler libros do mar, escoitar poemas e contos, bailar, facer ioga e celebrar cumples sin tantas prisas.
Felicidades Yeico!! Unha vez máis Noa dixo que o biscoito estaba delicioso, xa pasaredes receitas jejeje. Por outra banda é un pracer velos tan concentrados nunha tarefa compartindo entre eles en pequeno grupo e respectándose uns aos outros.
ResponderEliminarÉ moi gratificante que gusten tanto os bizcoitos que facemos. Moitas gracias!!.
ResponderEliminarE moito máis velos traballar asi de ben. Xa parecen nenos maiores, jeje. Felicidades a todos por esforzarse tanto.