UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 23 de febrero de 2018

OUTRO VENRES SAUDABLE

     Xa chegou o venres outra vez. O curso pasa voando. E, unha vez máis, tratamos de ter un día saudable merendando froita e practicando ioga.
    Hoxe repasamos un pouco toda a secuencia do "Saúdo ao sol" que temos que perfeccionar porque estes pementeiros/as teñen moita presa e queren correr e correr e, como consecuencia, esquecen algunhas posicións intermedias e fan un saúdo un pouco resumido. Así que practicamos un pouquiño e fomos recordando os distintos pasos para saudar ao sol de xeito pleno, relaxado e correcto.
    Sara García fíxonos toda a secuencia co calma para que eu lle poidera sacar as fotografías a cada momento preciso.





   E Marcos fíxonos a secuencia completa para que eu a gravase en vídeo e así ter todo o proceso ben clariño. ¡Grazas Sara e Marcos por esa paciencia e concentración!


    Despois practicamos a posición do "Arco" o "Dhanurasana" tras coñecer a historia correspondente (que teño que dicir que todos escoitaron con moita atención).



   Imagen relacionada













    Tamén tivemos oportunidades ao longo da semana de disfrutar cos novos xogos de Tullet ou os da mochila pirata.

















     

E para rematar este pequeno resumo da semana, tamén podemos contarvos que pintamos unhas rosas para poder regalarlle a Rosalía de Castro o día do seu cumpleanos, que xa é mañán. E quedaron ben bonitas.











miércoles, 21 de febrero de 2018

PALABRAS NOVAS 5

     Aínda que levábamos tempo sin facer definicións de novas palabras (porque houbo outras actividades e celebracións que non nos deixaron tempo para facelo), por fin onte retomamos esta tarefa que a min me encanta: aprender novo vocabulario e mellorar a expresión oral. Sen esquecer o feito de que estes pementeiros están afrontando importantes retos como superar o medo e a inseguridade a falar en público e ante unha cámara. 
      Estou moi orgullosa dos nenos e nenas que se van animando a participar, cada día un ou dous máis queren explicar o significado dunha nova palabra e, tras conseguir superar ese reto, síntense moi satisfeitos e eu tamén porque vexo que poden facelo, e o fan, moi ben.
     Onte estivemos falando do Mar dos Sargazos que se chama así porque alí se acumulan unhas algas chamadas sargazos que forman auténticos "bosques" os cales complican a navegación dos barcos de vela. Cristóbal Colón atopouse con estes montóns de sargazos na súa primeira viaxe a América e tivo serias dificultades para atravesar a zona. Julio Verne, na súa obra "20.000 leguas de viaxe submariño" fixo que o Nautilus pasase por ese lugar, onde el pensaba que se podía atopar a Atlántida.
Imagen relacionada

Imagen relacionada


























E aquí están as dúas novas definicións que fixeron Noa e Enzo.

Resultado de imagen de gifs animados buen trabajo
    Fixérono xenial! Agora espero que máis pementeiros/as se animen a explicar o significado de novas palabras.