UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 20 de diciembre de 2016

A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL

    Como mañán xa rematamos o 1º trimestre do curso e nos adentramos nas festas de Nadal, desde "A Pementeira" queremos enviar a todas as familias unha felicitación moi especial. Todos os nenos e nas da aula, xunto coa profe Teté, desexamos que nestas festas as familias de infantil vivan momentos cheos de alegría, diversión, saúde e paz.
¡BO  NADAL!
Resultado de imagen de gifs animados navidad movimiento


      E agora os pementeiros/as queren deleitarvos cunhas panxoliñas en inglés. Non sei o que pensaredes vós pero eu estou super-orgullosa do ben que cantan, a emoción que lle poñen e a naturalidade coa que cantan en inglés. ¡Parabéns pementeiros/as!




lunes, 19 de diciembre de 2016

RECREANDO OBRAS DE ARTE 4

Seguimos recibindo cousas para o noso recuncho artístico. Hoxe Daniel trouxo un montón de cousas da súa viaxe a Madrid. Eu quedei realmente sorprendida e cando vexades as imaxes seguro que entendedes por qué.
Encantoume que visitara o Museo do Prado e, xunto coa súa familia, aproveitaran para facer a recreación dunha obra de arte magnífica do maestro Francisco de Goya y Lucientes: "Os fusilamentos do 3 de maio". É unha obra dura e impactante, chea de dramatismo, na que destaca unha figura vestida dun branco luminoso, un home que, cos brazos abertos e recibindo a luz de cheo, está a piques de ser fusilado.
Resultado de imagen de fusilamientos del 2 de mayo museo del prado

 
Pero Daniel trouxo máis cousas para a nosa aula. Mirade:


 
Eu non sei como é posible que viaxando a Madrid, Daniel sacara fotos dainte da Torre Eiffel, da Fontana de Trevi, do Manneken Pis, do David  de Miguel Ángel...




¡Cantas cousas aprendeu Daniel nesta viaxe! E parece que o pasou requetebén.
Á volta das vacacións teremos que mirar con calma moitas das obras que chegaron estes últimos días ao cole. ¡A profe Teté vai ter que traballar nas vacacións para preparar materiais sobre todo esto que temos no recuncho! ¡Puuuuufff! Non sei se terei tempo entre celebración e celebración (terei que buscalo, verdade?). 
Grazas, de novo, a todas as familias que vos estades implicando tanto neste proxecto. ¡É xenial traballar así!
E, por outra banda, hoxe estivemos rematando algunhas portadas para os traballos do primeiro trimestre.








viernes, 16 de diciembre de 2016

¡UNHA ÁRBORE DELICIOSA!

      Hoxe rematamos a decoración das nosas bolsas de Nadal (para levar os traballos ás casas) e, casualmente, Marcos trouxo unha árbore un tanto especial que nos valeu de celebración de fin de trimestre. E vos diredes, ¿por qué era esa árbore especial?, pois porque estaba feita no forno con masa de follado e chocolate.







 Como sobraron catro cachiños de nada  e non vin moita maneira de repartilos entre todos os nenos e nenas, decidimos levarllos ás outras profes para que probaran este doce tan navideño. Como só atopamos á profe Ana, démoslle a proba e sacamos a foto. Os outros cachiños repartinos máis tarde pero non houbo foto do momento da entrega.
¡Grazas Marcos e familia por esta sorpresa tan rica!

jueves, 15 de diciembre de 2016

REMATANDO O 1º TRIMESTRE

Estes últimos días, antes das vacacións de Nadal, estamos traballando moito preparando as nosas portadas (para os caderniños de fichas) e as bolsas nas que imos levar os materiais. Non queremos aínda revelar o resultado final pero déix amosvos aqí varias fotos para que vos fagades unha idea de como van quedando as cousas. Nun par de días xa poderedes ver todo na casa. Espero que disfrutedes moito vendo canto se esforzaron estes pementeiros/as no primeiro trimestre. 
Primeiro poderedes ver como están pintando unha portada moi invernal empregando témpera sólida, acuarela e finalmente un pouco de purpurina,







































E agora mirade que ben se manexan pintando as bolsas cun rodillo. ¡Están quedando espectaculares!















 

Aproveito esta entrada para mostrar unha nova aportación que fixo Dani para o noso recuncho de obras de arte. Como estivo de viaxe por Madrid, chegou todo contento cun plano do Museo do Padro onde se atopa "O cabaleiro da man no peito" do Greco. Tamén nos aportou unhas reproducións de outras dúas magníficas pinturas "O xardín das delicias" del Bosco e "Muller, paxaro e estrela" de Miró.

 Resultado de imagen de jardín de las delicioas
 Izán trouxo unha preciosa "Estatua da Liberdade" que é outra das obras favoritas na Pementeira. E Marcos trouxo uns debuxos coloreados por el mesmo do Partenón, a Torre de Pisa e as Pirámides de Giza.

¡Non paramos un minuto! A arte invade a aula "A Pementeira" e a nós tamén nos gusta moito facer de artistas. Xa veredes cando cheguen á casa estes nenos e nenas con todo o que fixeron no cole.