Chegou o gran día.¡Mañán celebramos o Samaín no cole! Para os peques de 3 anos, será o seu primeiro Samaín en Infantil do Rosalía con todos os seus compis de 4 e 5 anos. ¡Vai ser xenial!
Nesta semana fixemos moitas cousas relacionadas con esta festa monstruosa.
Por exemplo, pintamos uns morcegos para colaborar coa decoración dos espazos de primaria a petición do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística e colócamolos nas escaleiras que suben ao primeiro andar...
...as profes estiveron dando os últimos retoques á decoración dos espazos de infantil (e temos unha casa encantada chea de nenos e nenas aterrorizados porque, na noite do Samaín, saen as pantasmas a meter medo)...
...fomos á biblioteca a escoitar uns contos que prepararon os nenos/as de 6º...
... e, por último, sacamos unhas fotos moi divertidas. ¡Mirade! ¡ A ver se coñecedes a estas pantasmas!
E mañán, moito máis... e mellor!


































































