Chegou o remate do curso. Paréceme increíble que xa acabara. Pasoume voando. Penso que foi un curso productivo, cheo de actividades diferentes, con cambios importantes na Pementeira... Teño moita confianza en que o próximo curso comprobemos que o traballo conxunto, o esforzo, e as ganas que lle poñemos as profes, as familias e os nenos/as teñen premio. E o premio vai ser aprender moito, disfrutar máis, cantar, bailar e rir, recitar poesías e viaxar polo mundo, ler moitas historias fantásticas, pintar, modelar e facer ioga, coñecer novos amigos, ir ao teatro... E sentirnos moi satisfeitos con nos mesmos. Xa o veredes. Este curso avanzamos moito e o seguinte será aínda mellor.
Hoxe tivemos un estupendo día. Todos os nenos e nenas de infantil chegaron guapísimos ao cole, co seu look afro e discotequeiro.
¡PREPARADOS PARA TRIUNFAR!
E despois de triunfar nos escenarios, toca repoñer forzas entre bambalinas...
Finalizado o banquete a xogar fóra e a pintar con xiz o chan do patio...