A semana pasada houbo interesantes noticias moi relacionadas co noso proxecto sobre o universo. Como vin que os pementeiros e pementeiras non me contaban nada sobre a nave Rosetta e o robot Philae que tiña que "acometizar" nun cometa, decidín poñer deberes de fin de semana e o venres pola mañán pedín que tod@s estiveran moi atentos á televisión, e que lle explicaran aos papás e mamás que tiñan que avisalos se nos periódicos saía algunha noticia sobre o espacio.
Pois ben, Anxo xa se apresurou tanto que foi comer á casa e cando chegou pola tarde xa traía os "deberes" feitos. Tróuxonos uns recortes de periódico coa noticia da nave Rosetta. Así que, a tarde do venres, estivemos falando un pouquiño sobre o tema.
¡Parabéns a todos os papás e mamás que lle contaron estas cousas tan interesantes aos seus fillos/as!
Despois seguimos colocando máis cousas no noso recuncho espacial. Mirade:
Alba trouxo un Sistema Solar moi orixinal xa que cada planeta está pintado nunha lámina plástica que pode virar arredor do sol. A min gustoume moito porque é unha forma moi sinxela e moi visual de explicar como "funciona" isto dos planetas.
E o noso recuncho espacial cada vez está máis cheo. ¡Mirade cantas cousas temos xa! E teño que recoñecer que este ano están chegando cousas moi creativas.




