UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 19 de junio de 2014

¡PREPARADOS PARA O FESTIVAL!

Os Pementeir@s xa están listos para a actuación estelar que vai ter lugar dentro dunhas horiñas. 

Hoxe xa recibimos as nosas super-camisetas e Alonso e Alma serviron de maniquíes para mostrarnos o ben que quedan postas. Mirade que elegantes estaban.
Despois puxémonos mans á obra para preparar a pancarta que hai que mostrar ao público ao final da nosa actuación para indicar que empeza o momento do "Estilo libre" ou como nós dicimos na aula " a lo loco". Porque do que se trata é de facer algo divertido, alegre, cheo de forza e de ritmo. A ver se o público tamén se anima a bailar connosco e disfrutar cos nenos e nenas de infantil neste remate de curso.
¡Sacude, sacude!












MARIÑA XA TEN 4 ANOS

Outra pementeira que se une ao clube dos 4 anos. Hoxe tocoulle á señorita Mariña que viña tan feliz como unha perdiz (a verdade é que sempre chega feliz ao cole) coas súas galletas e uns bombóns disposta a ser a raíña do día. 





















miércoles, 18 de junio de 2014

O CUMPLE DE NOA

Onte tivemos unha nova celebración de cumple. Parece que a última semana de curso está completiña e temos moita festa porque xa son moi pouquiños os pementeir@s que aínda teñen 3 anos. Nesta ocasión, tocoulle o turno a Noa que quixo compartir unhas galletas cos seus amigos e amigas do cole. Non teño que dicir que o pasaron todos moi ben porque aquí as festas de cumple son acontecementos moi importantes e alegres. 




















martes, 17 de junio de 2014

MEDUSAS E FRAMBUESAS

Non pensedes, despois de ler este título, que as medusas comen frambuesas ou algo así. Non. o que pasa é que seguimos preparando as nosas bolsas mariñas, nas que flotan unhas apacibles medusas, para poder levar os traballos o venres. Pero, ademáis de traballar, parece que lle estamos collendo o gusto a isto da froita e Anxo, que xa nos trouxo unhas fresas da súa horta un día, agora quiso compartir cos seus compañeiros/as unhas riquísimas frambuesas. 
Así que aquí vos deixo as fotos, do traballo e da degustación de frambuesas. Unha vez máis ¡grazas Anxo por compartir connosco este manxar!. ¡Estaban deliciosas!


































¡Gústame ver como, pouco a pouco, cada vez máis nenos e nenas se van atrevendo a probar novos sabores! A ver se nos imos aficionando a comer froita e seguro que nos sentiremos moito mellor.