UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 29 de mayo de 2014

PANCARTA DE ROSALÍA

Unha vez máis os pequerrechos de infantil, en colaboración coas súas familias, participaron na elaboración duns paneis decorativos coa imaxe de Rosalía de Castro. Os nenos e nenas levaron para casa un retrato en branco e negro da poetisa e trouxérono pintado e decorado cada un ao seu gusto. Con todos eles realizamos unha pancarta grande que tamén decoramos cuns gomets.











Manolo e a profe Ana, axudáronme a pegar o cartel de Rosalía no patio cuberto.






Así son os paneis de Educación Infantil:




E así vai quedando o muro do patio cuberto:




miércoles, 28 de mayo de 2014

GAÑADORES DO CONCURSO "DÍAZ CASTRO"

Hoxe recibimos unha sorpresa na Pementeira. Viñeron dous profes á nosa aula cun agasallo. Quedamos todos moi sorprendidos e esperando saber xa quen era o gañador ou gañadora do concurso sobre "Díaz Castro". Como os nenos e nenas de infantil participaron case todos houbo tres premios: un para cada aula. Na nosa a triunfadora do día foi Noa que recibiu o agasallo con moitos nervios. Pero todos os compañeiros a animaron e felicitaron; e para rematar, adicáronlle un forte aplauso. Ao final todos reflexionamos sobre o importante que é participar nas actividades do cole porque o día menos pensado temos premio.








¡PARABÉNS NOA! E GRAZAS A TODOS OS PEMENTEIROS E PEMENTEIRAS QUE PARTICIPARON NESTE CONCURSO. ¡SEGUIDE PARTICIPANDO ASÍ E SEGURO QUE HABERÁ MÁIS PREMIOS!






martes, 27 de mayo de 2014

"TÚ TE ME DEJAS QUERER"

Estamos xa quentando motores para o festival de fin de curso. A actuación deste curso é moi especial. Estamos xa ensaiando pero as profes de infantil pensamos que sería unha boa idea que as familias tamén participárades na preparación da nosa "performance". Así que aquí vos deixamos un flashmob da canción "Tú te me dejas querer" interpretada por Asier Etxeandía. Con este vídeo podedes bailar cos vosos nenos/as na casa e, se vos animades, tamén podedes bailar no medio do público o día do festival. Pinchade no título para disfrutar do divertido flashmob.


E agora para que vos vaiades animando a disfrutar nas casas, tamén podedes ver un dos nosos ensaios. Aínda hai detalles que pulir pero algúns xa lle poñen moita intención.

miércoles, 21 de mayo de 2014

UN DÍA NORMAL

Seguimos traballando e disfrutando na "Pementeira". Hoxe foi un bo mércores, e os días así son cada vez máis habituais na aula. Seguimos mostrándovos ás familias como é o noso ambiente de traballo con vídeos, para que teñades oportunidade de mirar dende casa como están os vosos/as nenos/as no cole
No primeiro vídeo podedes ver como os pementeir@s están facendo unha actividade impresa, nesta ocasión  con música xamaicana (por iso de ponerlle un pouco de caloriña a este frío día de maio).

No segundo entrades directamente nos ensaios do "festival" das Letras Galegas (no que os nenos e nenas de infantil van cantar e representar con xestos a canción "Xan" de Uxía Senlle, do audio-libro "Rosalía pequeniña")



sábado, 17 de mayo de 2014

AS EMOCIÓNS

Na aula "A Pementeira" levamos unha temporada falando das emocións. Temos un novo libro viaxeiro (que xa estivo en tres domicilios) no que a través de sinxelas poesías reflexionamos sobre as situacións que nos poñen felices, tristes, enfadados ou sorprendidos. Os pementeir@s colaboraron na realización do libro representando con xestos as diferentes emocións.
Tamén lemos moitos contos que nos axudan a recoñecer as distintas emocións, a valorar por qué nos sentimos dunha determinada maneira e a intentar comprender como se sinten os demáis cando facemos algunhas cousas. Esta semana lemos dúas historias moi bonitas que nos falan do amor, e do que podemos facer para que os nosos amigos e amigas sexan felices, e de que  non importa que sexamos diferentes para disfrutar xuntos (ben ao contrario, as diferencias enriquecen a nosas vidas).
Tamén podedes disfrutar na casa da canción de Crocodilo namorado se vos apetece. Aquí tedes o vídeo:

miércoles, 14 de mayo de 2014

ALGÚNS VÍDEOS DO NOSO DÍA A DÍA

Esta semana está indo todo moi ben. Por iso estamos aproveitando para gravar algunhas cousiñas que facemos habitualmente para compartilas coas familias. Penso que van ser recordos divertidos para estes pementeiros que xa están a piques de rematar o seu primeiro curso escolar. 
Os dous primeiros vídeos son dous fragmentos, un dunha sesión de "traballo" na aula e outro dunha sesión de psicomotricidade. Os vídeos completos irán no pen-drive ao final do trimestre (son longos e tardan  moito en subir a youtube co cal preferín poñer aquí só uns pequenos cachiños para abrir boca). O último é para ensinarvos o ben que cantan os nenos/as todos os días ao comenzar a xornada en castelán e en inglés (porque as nosas clases son trilingües, aquí falamos todo mesturado:castelán, galego e inglés, facemos todo un batido de idiomas).


¿Que vos parece? Eu penso que tampouco se pasa tan mal no cole, ¿verdade?

martes, 13 de mayo de 2014

CONTOS E GLOBOS

Hoxe pola mañán tivemos unha actividade relacionada coas Letras Galegas na aula de audiovisuais. Cando chegamos atopámonos cunha manchea de globos e unha caixa misteriosa con obxectos que os nenos e nenas foron sacando.  e que lle permitiron á monitora contar unha historia sobre Xosé María Díaz Castro. Explicoulles aos nenos e nenas que naceu en Guitiriz, que foi profesor e traductor e que escribiu un libro de poemas titulado Nimbos.
O mellor, polo menos para os pementeir@s, foi cando a monitora dixo que podían coller os globos que había no medio da sala...









































Se queredes disfrutar na casa do poema "ESMERALDA", déixovos aquí unha fermosa animación en Stop Motion do CEIP San Xoán de Filgueira. ¡Clicade na palabra esmeralda!