Como xa sabedes todos a estes nenos e nenas de 3 anos gústalles moito cantar cancións e, de xeito especial, cantar villancicos. Estes días estivemos aprendendo un moi divertido que tamén nos sirve para facer o saúdo cada mañán cando entramos no cole, porque di:
Hello reindeer
Hello snowman
Hello Santa
¡Happy holidays!
Así, cantando, aprendemos a dicir hola en inglés e a felicitar as festas e, tamén, imos adquirindo novo vocabulario.
REINDEER
SNOWMAN
SANTA
E agora, disfrutade vendo que ben saben cantar "in English" estes pequepementeir@s. ¡Espero que vos guste!
Hoxe, na Pementeira, seguimos traballando para ter un ambiente navideño nos corredores de infantil do cole Rosalía. Os rapaces e rapazas de 4 e 5 anos (A Sementeira e Paseo do Espolón), que son auténticos artistas, xa nos levan a dianteira fai días e puxeron os seus adornos por todos os sitios. Pero os pequepementeiros estamos intentando poñer o noso granciño de area. Xa temos máis postais de felicitación, máis calcetíns de Nadal e agora, tamén, unhas árbores con bolas e estrelas.
Déixovos aquí unhas fotos para que vexades que aínda que haxa días que nos costa facer cousiñas, hai outros mellores que nos dan ánimos para seguir mellorando.
Espero que vos gusten. E, como sempre vos digo, animade aos vosos fillos e fillas a esforzarse e facer cousas por si mesmos porque cando o fan síntense moi felices.
Grazas ás familias de Noa, Inés, Yago, Ana, Lucía, Antía, Samuel e Alba por participar no concurso de postais de Nadal.
Tamén chegaron algúns adornos para a árbore. Mirade que ben está quedando con todos os adorniños que están facendo os nenos e nenas do cole.
E como punto final, déixovos un vídeo no que podedes ver que os pementeir@s xa son capaces de relaxarse un pouquiño máis do que o facían a principios de curso co "Nocturno" de Chopin.
O noso compañeiro Lucas cumpliu o sábado 3 anos. Onte trouxo unha caixa de galletas ao cole para celebralo con todos os nenos e nenas da aula. Pero a verdade é que foi un luns un tanto complicado e Lucas tampouco parecía ter moito ánimo e ganas de festa.
Fixemos un intento de celebración e Lucas apagou as velas da nosa minitarta de plasti pero as galletas quedaron para hoxe.
Parece que o martes empezou con mellor pé. Tivemos un día máis tranquilo con bos momentos e Lucas animouse a repartir as galletas entre os compis.Todos parecían ter moita fame porque acabáronse as galletas nun pis-pas. Despois entre todos cantamos o "Cumpleanos Feliz" para o rei do día.
Este frío xoves de decembro estivo cheo de actividade na aula "A Pementeira". O día empezou, coma sempre, coa lectura dun conto. Hoxe decidimos repetir o conto de "Tío Lobo" porque a todos os nenos e nenas da clase lles gusta moito e, por iso, aproveitamos para gravar un vídeo no que podedes comprobar o que disfrutan estes pementeir@s escoitando relatos e participando activamente nas historias.
Despois do conto, continuamos coas tarefas cotiás. Estamos intentando rematar os nosos calcetíns de Nadal para colocar nas ventás do cole (algúns xa están colocados). Aquí podedes ver a Samuel, Candela e Alonso moi satisfeitos co seu calcetín listo para colgar na fiestra.
Leo tamén se animou a participar no concurso de tarxetas de felicitación para estas festas que se están aproximando. E aquí está, tan feliz, mostrándonos a súa postal. ¡Grazas Leo por participar!
Pola tarde tivemos un pouquiño de tempo para xogar coa plastilina (que é estupenda para desenvolver a psicomotricidade fina -o cal favorecerá, entre outras cousas, a aprendizaxe da escritura-, para potenciar o sentido do tacto, para estimular a creatividade, para reforzar aprendizaxes e, por suposto, para divertirse).
Como vedes, isto de "escribir" con plastilina gusta moito. Todos teñen ganas de facer as vogais e ata hai por aí algunha pementeira que sabe poñer nomes enteiros e ¡sen esquecer a tilde!. Estes momentos son fantásticos.
E aquí, dúas pequepementeiras que hoxe decidiron facer o chapeu do Tío Lobo (porque o conto é xenial, pero iso de chamarlle chapeu a un sombreiro pareceulles realmente divertido)