Hoxe martes tivemos no cole un día típico da celebración do Samaín. Primeiro, Leo sorprendeunos cunha fonte de galletas monstruosas e apetitosas. ¡Mirade, mirade!
A verdade é que estas galletas son auténticas obras de arte e ademais deliciosas. Como son moi grandes, os pementeir@s non foron capaces de comer unha enteira cada un así que partímolas en cachiños e mañán aínda podemos comer outro pouco e dárllelas a probar aos compis das outras aulas. Moitas grazas aos papis de Leo por compartir con nos estas sabrosas galletas que fixeron que este martes fora un pouco máis doce. E facer unha especial co nome da aula e da profeeeee.... iso xa é para matrícula de honor. GRAZAS!!!!!
Pola tarde... ¡¡¡¡CONTOS DE MEDOOOOO!!!! Mirade as cariñas dos pementeir@s, moi atentos ás historias que lles contaron os compañeiros de primaria na biblioteca.
Como vedes, no cole sempre hai cousas que facer e disfrutar. E mañán castañas e disfraces de medo!

