O venres, na aula "A Pementeira" disfrutamos moito co conto "El pollo Pepe". A verdade é que PEPE sempre ten éxito entre os máis pequenos porque é un tragón, come moita cebada, moito trigo e moito millo e iso fai que teña unha barriga moi gorda, un forte pico e unhas grandes patas.Tamén cantamos a canción do conto.
Aquí están as fotos que demostran que os pequepementeiros estaban moi contentos de ter a PEPE na aula.
Como podedes ver PEPE é de cor amarela. Leo informounos rapidamente de que é amarelo como a M. ¿Amarelo como a M?- preguntei eu sen entender moi ben ese dato que nos aportaba Leo. E cheo de razón puntualizou:
-¡Claroooo! Amarelo como a M de MacDonalds.
Non sei en que estaba eu pensando, porque isto sábeo todo o mundo.
Despois de coñecer a PEPE, fomos ao patio a xogar coa area. estivemos fóra pouquiño tempo porque facía moitísimo calor. Pero, aínda así, foi un día moi divertido.
¡Ah! e tamén quero compartir con vos a preciosa flor de plastilina que nos fixo Nora. ¡Mirade!
Seguro que o luns será outro día xenial no cole.