UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 2 de marzo de 2018

PRESENTANDO A MIRIAM MAKEBA

    Empezamos xa o mes de marzo e para a semana toca celebrar o Día da Muller Traballadora. Como xa adiantamos, na Pementeira estivemos traballando sobre Miriam Makeba e  preparamos un cartel  sobre ela para colocar nunha exposición no corredor do cole. Tivemos que escribir algunha información sobre "Mamá África" (pois así tamén era coñecida Miriam Makeba), colorear as letras que forman o seu nome e, o  máis divertido de todo, sacar unha foto dunha nena simulando ser a auténtica cantante sudafricana. Había tres nenas voluntarias pero tivemos que facer un sorteo para ver quen sería a nosa artista e tocoulle a Sara García. Para caracterizala axeitadamente buscamos un vestido africano auténtico (chegado de Costa de Marfil non de Sudáfrica, pero foi o máis preto que chegamos da terra natal de Makeba), un colar e pendentes, un pano para facer eses turbantes que ela levaba moitas veces e un micrófono que nos prestou Marcos... ¡ah! e un pouquiño de maquillaxe para facer que Sara tivera a pel un pouquiño máis escura do habitual nela, para que parecera un pouco máis africana.
     Como poderedes imaxinar, foi o máis divertido do día. Todos os nenos e nenas observaron divertidos o proceso de caracterización e disfrutaron vendo como Sara facía que cantaba.



















     Tras rematar o panel informativo sobre Miriam Makeba, pensamos que sería interesante facerlles unha visita aos compañeiros/as da Sementeira para presentarlles a esta muller artista e loitadora polos dereitos humanos e, de paso,  que os nenos e nenas de 5 anos nos presenten a outra muller importante sobre a que eles estiveron traballando: Silvia Earle.

















    E, por último, rematamos a xornada de hoxe colocando os nosos carteis no lugar destinado   para a exposición sobre Mulleres que se reservou no corredor principal do cole. Son os primeiros paneis informativos que se colocan pero quedan moi ben. A próxima semana iremos visitando esta exposición para ir coñecendo outras mulleres relevantes que fixeron aportación importantes á nosa sociedade.






                                             
       E, por outra banda, como hoxe é venres tivemos a nosa sesión de ioga semanal. Hoxe empezamos con máis tranquilidade facendo unha invocación coas mans diante do peito e os ollos pechados e resultou bastante ben porque conseguimos concentrarnos un pouquiño mellor que o venres pasado. Despois fixemos a posición do peixe, tras escoitar a historia correspondente, e recordamos a do arado.












        
      Hoxe foi un día bastante completo e, con todo o que podedes ver nesta entrada, tivemos tempo de cantar, de ler un conto, de facer unha actividade impresa, de escoller o libro do pasaporte lector e, por suposto, de merendar froita, poñer o gomet correspondente no rexistro e sair a xogar ao patio. ¡Así é xenial estar no cole!

Imagen relacionada