Aquí estamos de volta, dispostísimos a comezar o segundo trimestre con ganas de seguir aprendendo e disfrutando xuntos.
O regreso ao cole foi xenial porque, ademáis de volver a vernos todos (os compañeiros/as e as profes), tíñamos moitas cousas que contarnos: fixemos unha asemblea longuísima, claro, porque había que explicar todos os agasallos que nos trouxeron os Reis Magos. Eu quedei abraiada xa que, polo que todos contaron, as alforxas dos camellos das súas maxestades tiñan que vir cargadísimas, desde alieníxenas mutantes con moco de alieníxena mutante, xogos de pedorretas, transformers, todoterrenos da Patrulla Canina, Gastón cabezón, bonecas que choran, patinetes etc.etc. ata libros sobre Cousteau, libros da "miña poesía favorita", según Alejandro Vázquez Seco, que é "con cien cañoñes por banda, viento en popa a toda vela", bingos, bolsos-can, pinceles, caballetes, maquillaxe, disfraces, libretas e puzles. Tamén houbo algún pementeiro que confesou que lle deixaron un pouquiño de carbón porque algún día concreto o seu comportamento fora regulín.
Tan emocionados estaban falando e falando e falando, que nin siquera se deron conta de que nunha cadeira había un curioso paquetiño cunha carta...
Cando reaccionaron, e se deron conta de que a carta era dos Reis Magos, xa vos imaxinaredes como se puxeron os pementeiros/as de contentos/as...
O seguinte paso foi ler a carta, que era moi interesante e abrir o regalo, claro, que nos gustou moitísimo porque era un libro sobre o xenial Jacques Cousteau, e resulta que a un pementeiro lle regalaron o mesmo libro! Que atentos están estes Reis Magos a todo o que facemos, saben perfectamente que estamos emocionados co Proxecto Nautilus e traen cousas que nos axuden a investigar máis e a aprender. ¡Grazas Reis Magos!


Pero ademais de falar dos agasallos e das vacacións (por certo quedei encantada co feito de que estes pementeiros/as saíran tan viaxeiros porque así seguro que van aprender moitísmo, de feito Dani xa me dixo que visitou a casa de Miguel de Cervantes, ¡iso si que é xenial! e que estaban alí as estatuas de D.Quijote e Sancho Panza) tamén recibimos un novo libro para o recuncho do proxecto que trouxo Aleixo e seguimos coa rutina de levar a nosa mochila pirata. Hoxe tocoulle a Mariña que marchou feliz co seu distintivo pirata e todos os materiais na mochila. ¡Espero que disfrute moito coa familia!
E como o día de Ano Novo non estábamos todos xuntos, para empezar ben o trimestre e o ano 2018, escoitamos a Marcha Radeztky de Strauss e tocamos as palmas con moito ritmo.
Un día estupendo de reencontro de todo o grupo. ¡Esperamos que todo o trimestre sexa igual de divertido, alegre e interesante!