UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 5 de octubre de 2017

UN NAUTILUS PEMENTEIRO

   Seguimos a traballar na Pementeira, pero estamos disfrutando moito porque o traballo en equipo é interesante, entretido e enriquecedor. Falamos moito, lemos moito e, polo tanto, tamén aprendemos moito. Seguimos recibindo cousiñas para o recuncho mariño e cada obxecto, libro, fotografía, poema ou que sexa que chegue, danos pé a buscar información e descubrir cousas novas. 
     Hoxe Marcos trouxo un faro moi chulo que nos permitiu falar do Camiño dos Faros que vai de Malpica e Fisterra. A todos lles fixo moita gracia o nome do Faro de punta Nariga que é un fermoso faro do arquitecto César Portela. Tamén trouxo uns poemas moi bonitos sobre Cristóbal Colón e o descubrimento de América. E que, gracias ao libro que trouxo Valeria, estamos moi interesados nesa aventura do século XV. Xa os lemos e gustáronos moito. Noa trouxo uns peixiños que dí que flotan na auga. Mañán temos que poñer auga nunha cubeta para comprobalo e a ver se podemos facer algún barquiño para poñer nese pequeno mar.

 Resultado de imagen de faro de punta nariga FARO DE PUNTA NARIGA

     Alejandro Vázquez Seco trouxo un libro sobre o peixe pallaso Nemo que lles encanta a todos os pementeiros/as. E Izan trouxo unha caracola que xa está formando parte da nosa colección de cunchas e caracolas diversas, todas ben bonitas por certo.


   Ultimamente estivemos pintando un submariño especial para a nosa aula, un NAUTILUS pementeiro no que colaboramos todos. Móstrovos o traballo de equipo destes nenos e nenas e como está quedando o noso Nautilus e, despois, unha vez rematado finalmente e colocado no seu lugar xa vos mostrarei como quedou a ver que vos parece.




























   Como vedes o noso submariño tiña que ser amarelo, fixemos votacións para elexir a cor e gañou o amrelo por unha maioría aplastante porque, claro, co referente do "Yellow Submarine" non había outras posibilidades que lle fixeran sombra.


   E como xa estamos empezando a decorar aulas e espazos comúns, pois na entrada da aula colocamos un pequeño motivo mariñeiro para recibir a todos os que veñan de visita. O paso seguinte será decorar a porta. Xa temos elixido o motivo por votación pementeira. A ver se algún neno/a vos dí que vai ser...











martes, 3 de octubre de 2017

MÁIS MATERIAIS PARA O RECUNCHO DO PROXECTO NAUTILUS

   Seguimos recibindo cousas para o noso recuncho marítimo e, a verdade, é que chegan cousas moi interesantes. Temos moitos obxectos para observar e extraer aprendizaxes diversos e, tamén, moitos libros con fermosas imaxes do mar, dos barcos e dos peixes e con historias cautivadoras. ¡Mirade, mirade!
   Adan trouxo unha BATEA cheíña de mexillóns que nos encantou a todos. Díxome que a fixera co seu papi, así que noraboa por esa creatividade e por ese traballo tan ben feito.
      Hugo trouxo unhas cunchas de vieira e un libro sobre o mar (que aí nda non tivemos tempo de ver pero que veremos prontiño porque ten boa pinta).
    Marcos trouxo unhas fotos dun acuario e, como xa vos imaxinaredes, as imaxes que máis gustaron foron as do tiburón. ¡Onde haxa un tiburón non manda unha sardiña!




   Sara Vidal trouxo un pulpo e uns peixiños feitos con materiais de refugallo que son ben simpáticos.
   Óscar trouxo un libo que me encantou porque é, precisamente, a historia da que nace o nome do noso proxecto. Agora, xunto co que trouxo Noa, xa poderemos ler con moito pracer as aveturas do Capitán Nemo no Nautilus.






    Sara García trouxo unhas caracoliñas culísimas e un interesante libro da Illa de Cortegada. O ía que lemos a historia de Carola, a carteira centola xa dixo na clase que o tiña e que o ía traer e cumpliu a súa palabra. ¡Cantas cousas temos para ler!



   Tamén estivemos lendo unha historia moi bonita sobre Don Cabaliño de Mar que coida dos ovos que puxo Dona Cabaliño de Mar e os leva nunha bolsa na súa barriga e aprendemos que hai máis peixes que colaboran coas femias na crianza dos fillos (por exemplo o peixe-trompeta ou o kurtus do que, por certo, nunca escoitáramos falar. ¡Cantas cousas temos aínda que aprender!)

    Pouco a pouco estou intentando poñer un pouco de orden no recuncho porque con tantas cousas é preciso organizalas  para poder observalas, disfrutalas e aprender moito con elas. Ademais así, temos máis espazo libre para ir engadindo o que vaia chegando nos vindeiros dias (por iso, tamén, enviei algunhas fotografías, pinturas ou murais que quedaban do proxecto do ano pasado, para ir poñendo novas imaxes nas paredes). Grazas a todas as familias que estades enviando cousas porque temos moitos camiños de investigación abertos e os nenos e nenas parece que mostran moito entusiasmo.


 







   Para rematar o día un pouco contentos xogamos no recuncho dos disfraces e non creo que sexa necesario que vos conte que resultou moi, moi divertido.