Como xa queda pouquiño para rematar o segundo trimestre, estamos xa preparando as portadas para os caderniños das actividades impresas e as bolsas. Aínda nos quedan cousas por rematar pero nas fotos podedes ver aos pementeiros/as en plena sesión de traballo...
E, para rematar esta entrada, aquí queda un vídeo no que os pementeiros/as están practicando un obsinato, a repetición dun ritmo sinxelo, para acompañar "AIRE" de Bach, música que nos axuda a concentrarnos e a calmarnos (que , tamén, ás veces nos fai falta).