UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 12 de enero de 2017

UN LIBRO

     Onte estivemos disfrutando da lectura dun libro máxico, emocionante, creativo e divertido a máis non poder...
     Como eu xa sabía que ía triunfar (porque este libro é  imposible que non entusiasme a todo o mundo que o coñece) decidín poñer a cámara de vídeo a traballar un pouco para que as mamás e os papás comprobárades na casa o ben que o pasamos no cole. A lectura dolibro foi xenial, a participación dos nenos e as nenas completa e as risas, as sorpresas e a fascinación encheron a aula. Pero, desgraciadamente, a cámara non gravou toda a lectura (non sei ben por qué). A sorte foi que hoxe, nada máis chegar ao cole xa me pediron que lles volvese ler o libro, co cal aproveitei para gravar outro pouco máis e engadilo ao que quedou de onte. Quizá se perdeu un pouquiño da espontaneidade que eu contemplei e disfrutei na primeira lectura, pero, aínda así, creo que se percibe o moitísimo que lles gustou este libro. 
      Aquí vos deixou o vídeo final resultante. É un pouco longo pero quizá algúns de vós queredes velo enteiro e penso que pode ser un recordo divertido para os pementeiros e pementeiras. ¡Espero que vos guste!



      Por outra banda, seguimos viaxando polo mundo e disfrutando coa arte. Estivemos pintando con acuarela despois de traballar un pouquiño na prelectura, observando as letras que forman a palabra PARÍS: miramos cal é a letra inicial e cal a final, vimos que ten cinc letras e dúas son vocais e despois buscamos as cinco letras  que estaban mesturadas con outras moitas. Tamén tivemos tempo de xogar e de cantar...





E tamén estivemos organizando un pouco máis as cousiñas do noso recuncho de arte e, de paso, aproveitamos para ir recordando os monumentos que xa coñecemos e algunhas pinturas que nos gustan moito. Non esquezades que podedes seguir participando no xogo de recrear obras de arte que vos gusten.





Por certo, mañán os peques levarán unha sorpresiña para as casas que as profes de infantil  esperamos que apreciedes.


martes, 10 de enero de 2017

¡O PRIMEIRO CUMPLE DO ANO!

       Empezamos o ano 2017, e o segundo trimestre, cunha celebración. Hoxe, na Pementeira, tivemos a sorte de compartir con Hugo esta importante data na que cumple 4 anos. Hugo xa entrou pola mañán todo contento porque tiña moitas ganas de ser o rei do día e de repartir galletas e aspitos cos compañeiros.
            Na hora da merenda, Hugo apagou catro candeas (bueno en realidade apagou cinco, unha por cada ano que cumple e outra máis que tíñamos na aula,con forma de rá e un número 4) e despois a disfrutar do banquete de aniversario con galletas e aspitos.
             
¡Non me digades que non lle pon enerxía para apagar as candeas!





Resultado de imagen de gifs cumpleanos
































Resultado de imagen de gifs cumpleanos

E hoxe tamén recibimos algunhas cousiñas máis para o noso recuncho do proxecto "A volta ao mundo en obras de arte". Pablo trouxo unha pequena reprodución da Pizza dei Miracoli de Pisa na que se aprecian a Torre inclinada, a Catedral e o Baptisterio.  Buscamos imaxes en internet para ver como é dita praza na realidade e rescatamos unha representación que tiñamos no cole da torre inclinada.


Resultado de imagen de piazza dei miracoli

E falando de Pisa, os pementeiros observaron que a torre ten moitos pisos, falamos das causas que provocaron a inclinación da torre e, despois, aprenderon que é iso do Baptisterio. Mañán continuaremos investigando cousas...