UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 5 de octubre de 2016

O NÚMERO 1

Estamos empezando a traballar o número 1. Onte estivemos pegando gomets nun gran número 1 que tíñamos na ficha e hai que decir que, en xeral, os pementeiros/as traballaron requetebén, colocando as pegatinas con moita precisión.

Resultado de imagen de gifs número 1


Resultado de imagen de gifs número 1

Como vedes estaban moi concentrados e tranquilos pegando gomets.
 E hoxe tamén foi un bo día que rematamos bailando con moito ritmo e moitas risas "A marcha das letras".


Como vedes, había moitas ganas de moverse, de brincar e soltar toda a  enerxía acumulada.



martes, 4 de octubre de 2016

MILLO

Hoxe foi un día estupendo na Pementeira. Moitos nenos e nenas puxeron o seu mandilón sen a miña axuda e outros poucos precisaron moi , moi pouquiña. Así que temos que felicitar a estes pementeiros/as porque están avanzaando moi rápido. Asemade o resto do día foi moi ben. Parece que imos integrando as rutinas de aula e, unha vez, que se automatizan certas tarefas queda máis tempo para facer outras cousas máis divertidas e interesantes.
Así que hoxe estivemos vendo e tocando unhas espigas de millo que trouxera Marcos fai uns días.









Despois estivemos vendo como se poden sacar os granciños de millo da espiga e empezamos un experimento: colocamos unha das mazorcas de millo nunha cubeta con auga (a ver que pasa nos próximos días) e, por outra banda, sementamos uns grans de millo nun bote con terra que recollemos fóra. 













¡A ver se levamos algunha sorpresa nos vindeiros días! ¿que pasará?
E para rematar esta entrada aquí vos deixo as fotos de Dani e Icía que fixeron a A coa plastilina e estaban todos contentos.


sábado, 1 de octubre de 2016

A MARCHA DAS VOCAIS

Seguimos desfilando coa "Marcha das vocais" na Pementeira. Onte estivemos na aula de psico para ter máis espazo e poder desfilar con máis soltura. Pintamos as cinco vocais no chan con tiza (e algún pementeiro estaba un pouco preocupado porque dicía que non se podía pintar no chan; menos mal que as mestras temos algún que outro privilexio e ninguén nos berrou).


No primeiro grupo de nenos que tivo sorte de desfilar, foron elexidos nenos e nenas cuxo nome empeza pola vocal que les levaban, así iba Adan coa A, Enzo coa E, Icía coa I, Óscar coa O e... ¡upss! non había ninguén cun nome que empezara coa U, así que saiu Pablo a desfilar.