UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 13 de junio de 2016

RETRATOS

Nestes últimos días de curso estamos traballando o RETRATO. Na Pementeira estamos moi interesados pola arte en xeral, e dun xeito máis concreto, pola pintura. Coñecemos bastantes pintores e moitos pementeiros/as teñen unha especial predilección por retratos como a "Mona Lisa" de Leonardo da Vinci ou o "Cabaleiro da man no peito" do Greco.
Estivemos pintando un "Autorretrato" de Van Gogh (porque os dous exemplos anteriores xa os pintamos fai tempo) observando como o fixo o propio autor, vendo como a súa pincelada  moitas veces é ondulante.

























 








Tamén tivemos a oportunidades de facer auténticos retratos (no só darlles cor). Cada pementeiro/a escolleu a un compañeiro/a para retratalo e aquí están os resultados. Os nomes que aparecen en cada retrato non son os dos autores senón os dos retratados.





















viernes, 10 de junio de 2016

DRAMAS Y COMEDIAS

¡Estamos na recta final do curso! E iso implica sesións de ensaio e preparación de accesorios para a  actuación estelar que temos programada para o festival. 
Este será un festival moito máis significativo xa que vai ser, tamén, unha despedida de infantil. Os pementeiros/as iniciarán en setembro unha nova etapa educativa en primaria. Por iso eu teño moita ilusión posta no noso último baile xuntos, e desexo que sexa unha actuación alegre, chea de enerxía positiva e de ritmo no que se reflexe que somos un equipo e sabemos poñer o mellor de nos cando queremos.
Hoxe, nas libretas de comunicacións, foi esta notiña:
Como vedes, e xa sabedes que é habitual en infantil, as camisetas serán todas iguais e levarán unha estampación alusiva á canción que imos bailar. Polo tanto haberá que completar o "look" cuns leggins divertidos, tutús de cores, pantalóns de cores ácidos, luvas, zapatillas con cordóns chamativos... o que se vos ocurra para encher de cor e de luz o escenario, para representar unha comedia...

Se lle botades un ollo ao videoclip de Fangoria, seguro que vos da algunha idea. O que si vos pediría é que, nesta ocasión os nenos/as non trouxeran pelucas porque imos levar outro accesorio que eles están preparando na aula que pode ser incómodo coa peluca ( o que sí pode facerse, se vos parece axeitado, é pintar o pelo).

Seguro que veñen espectaculares. Despois do guapísimos que viñeron no Entroido, agora non podedes baixar o listón para o remate do curso.

jueves, 9 de junio de 2016

O NOSO LIBRO DE ÁFRICA

O libro de aula que recolle o noso percorrido polo continente africana xa está viaxando (en realidade debería dicir por fin está viaxando) ás casas dos pementeiros/as. Ata o de agora dúas nenas tiveron a oportunidade de disfrutalo (ou iso espero) coas súas familias.

Co libro tamén viaxan un puzzle duns masais e unhas máscaras de animais africanos (xirafa, cebra, león, leopardo, impala, elefante, avestruz, loro e mandril) coas que fixemos teatro na aula e, tamén, representamos o conto de "A sorpresa de Nandi". Podedes xogar con elas todos os membros da familia e ata inventar novas historias, representalas e gravalas. 
O libro é bastante gordiño pero non vos asustedes porque case todo son fotografías que intentan recoller algunhas das actividades que fixemos ao longo do curso. Tiña moitas ganas de incluir todos os retos que fixemos pero non me dou tempo de incluílos. Espero que comprendades que o máis importante foi o proceso en sí mesmo, o que investigamos e vivimos no cole, o que aprendemos xuntos, o que nos ilusionamos ou o que nos costou máis esforzo. É dicir, o libro é un recordo, unha maneira de gardar unhas imaxes coa pretensión de convertir en permanente unha experiencia, de facer duradeira unha pegada, de poñerlle barreiras de papel ao esquecemento.
Estoulle pedindo ás familias se poden ver o libro e pasarllo a outro/a pementeiro/a o mesmo día que o reciben (ou que o vexan conxuntamente). Sei que unha tarde xa é bastante curta para velo e media tarde aínda máis, claro. Entendo que, ás veces, non sexa posible facelo. Simplemente quero que a maioría dos nenos/as o teñan na casa polo menos un par de horas para que vos conten e expliquen cousas. 
Pero como temos poucos días de curso por diante, e seguramente non teñamos tempo suficiente  para que viaxe a todas as casas, aproveito para dicirvos que podedes dispor do libro durante o verán para velo con calma ou mesmo fotocopialo ou escanealo se vos apetece. Algunhas mamás e papás comentáronme, en ocasións, que gardaban os libros dos proxectos de infantil como recordo e paréceme estupendo se vos tamén o queredes facer.

Aproveito esta entrada para comentar que tivemos outra visita no espazo de infantil para ver a nosa decoración africana. Nesta ocasión viñeron os alumnos e alumnas de 5ºB coa súa profe Ana.



¡GRAZAS  POLA VISITA CHIC@S E PROFE ANA!