UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 13 de junio de 2015

CANTEIRA DE ESCULTORES

O Equipo de Infantil do Rosalía está sempre aproveitando as diferentes aportacións que podan facer as familias para proporcionarlles aos nenos e nenas experiencias variadas, significativas, estimulantes, creativas e enriquecedoras.
Onte venres, tococulle o turno ao papá de Carmen, de "A Sementeira",a aula da profe Ana, que desenvolveu un taller de modelaxe con todos os nenos e nenas de educación infantil.
Antes da chegada de Camilo Seira, na "Pementeira" estivemos falando sobre qué ser escultor, con qué materiais traballan e recordando os nomes e as obras dalgúns escultores.
Por exemplo, todos coñecían varias esculturas de CAMILO SEIRA que ven a miúdo por Padrón pero non sabían o nome do escultor:

                  
Imagen A  SEMENTEIRA
ImagenO CICLISTA

ImagenO  PELEGRÍN          
  ImagenO MÉDICO DO POBO


 Tamén recordamos dúas obras de RAMÓN CONDE:











                 
 A PEMENTEIRA        
  Macías o namorado. Padrón. Galiza.PA12.jpg   MACÍAS "O NAMORADO"

Mercurio de GiambolognaE, por último, recordamos unha das esculturas que estivemos vendo dentro do proxecto "Con Galileo viaxamos polo ceo": "MERCURIO" de GIAMBOLOGNA.










Despois de tanta información chegou a parte máis creativa e de máis traballo: O TALLER DE MODELAXE.
Antes de nada, Camilo mostroulles  aos nenos e nenas algunhas das súas obras feitas en diferentes materiais. Todos contemplaron con moita atención as esculturas. 


















 Despois explicoulles que antes de poñerse a modelar, é necesario plasmar nun papel o que queremos facer despois coa plastilina (que era o material co que íamos traballar).
Así que os peques de infantil intentaron debuxar o que querían modelar despois. Esta parte non é moi fácil para eles xa que soen ser moi impulsivos e cóstalles moito planificar por adiantado o que queren facer. Aínda así houbo algúns que foron capaces de facelo.













































 Dámoslle as grazas a Camilo Seira e, agora, temos que seguir traballando nas aulas nestas cuestións e noutras moitas.
E, grazas tamén a Merce Ares que veu sacar unhas fotos do taller, a Uxía López e A Voz de Galicia por facerse eco da experiencia así como do traballo do Equipo de Infantil no proxecto do Universo.




viernes, 12 de junio de 2015

O HOME DA LÚA

Hoxe na Pementeira estivemos lendo un dos nosos relatos favoritos: O Home da Lúa, tamén coñecido como HL.
Estas son algunhas das ilustracións do libro: o Clíper-Lúa, a familia de HL, o malvado Sombra (o Rey dos Pesadelos), os lunabots e os lunatóns, os gusanos de luz, as fermosas bolboretas lunares...







A historia está chea de elementos fantásticos que manteñen o noso interese na lectura: a familia que se ve ameazada polo temible Sombra, o amigo fiel Luz Nocturna, a batalla entre a luz e a escuridade e, finalmente, o triunfo da bondade. Para os nenos é tranquilizador pensar que sempre hai alguén que os coida e para iso se crearon os Guardiáns da Infancia. Pero para ser un bo Guardián da Infancia é preciso facer un xuramento. E os Pementeiros, que xa lle están collendo o gusto a isto do artisteo, quixeron hoxe facer o seu propio xuramento e que eu os gravara, claro (agora xa temos que deixar constancia de todo o que facemos no cole para poder compartilo cos papás e mamás na casa). E aquí tedes o profundo e sentido xuramento destes Guardiáns da Infancia pementeiros.

¿Como o vedes? ¿Sábense meter na historia, ou non?
E agora, comparto convosco unha canción dos Beatles (xa que últimamente estivemos disfrutando tanto con The Octopus´s garden de Ringo Starr) que se titula Across the Universe. Tamén a escoitamos moito na aula mentres traballamos e xa "chapurrean" a letra como poden. Encántame escoitar como cantan no seu "pementeirenglish". E todo vai quedando gardado aínda que, de entrada, non entendan nada.




¡Uffff! ¡Que mañán tan intensa! E despois aínda tivemos un taller de modelaxe...
Pero iso é outra historia...


jueves, 11 de junio de 2015

UN LIBRO

Hoxe tivemos un fantástico día na "Pementeira" . Os ensaios do festival resultaron realmente productivos. Tiven que felicitar aos bailaríns e bailarinas porque o fixeron xenial. E aínda temos uns días para pulir pequenos detalles. De todos os xeitos se o fan coma hoxe, penso que os papás e as mamás ides disfrutar moito coa actuación.¡Esperamos recibir moitos, moitos aplausos!



Despois de empezar a xornada bailando, que sempre é estupendo, disfrutamos da lectura deste "conto"...






A primeira vez que o vimos na aula foi impresionante. Pero non temos un rexistro audiovisual desgraciadamente. Non sabedes o que me gustaría que vírades o que eu vin. ¡Teño que sacar o sombreiro ante o señor Hervé Tullet!

Aínda así, hoxe repetimos a experiencia e tamén o pasamos moi ben. Déixovos o vídeo para que comprobedes que "Un Libro" ten moita maxia, é interactivo,move á acción, crea expectativas, dá auténticas sorpresas, provoca risas ... e todo iso, con follas de papel branco e círculos de cores. Máis sinxelo non pode ser, e máis creativo tampouco. Un libro pode emocionar máis que unha tablet. ¡Mirade!




lunes, 8 de junio de 2015

OCTOPUS´S GARDEN

Estes días estamos empezando as mañáns cantando en inglés a animada canción de Ringo Starr   "Octopus´s garden". Déixovos dous vídeos: un para que poidades ver na casa a historia que se conta na canción con debuxos animados, e outro dos pementeir@s cantando con moito ritmo hoxe pola mañán. Espero que vos gusten. A min encántame a canción e encántame velos e escoitalos cantar a eles (e tocar a guitarra eléctrica, claro).


lunes, 1 de junio de 2015

PICNIC

¡Como nos gusta merendar fóra! E a medida que vai vindo o bo tempo, xa podemos facer un picnic de cando en vez.