Esta semana na "Pementeira" disfrutamos dun conto moi especial titulado "Un becho estraño". É unha historia sin fin porque cando pensas que rematou... daslle a volta ó conto... e volve empezar.
A todos os pequepementeir@s lles gustou moito, por iso decidimos facer un vídeo que vos mostrara aos papás e mamás como é ese becho estraño que nos visitou.
Disculpade que non vaia moi ben feito porque eu non sei moito destas cousas, nin teño a tecnoloxía que se precisaría para elaborar algo máis "profesional". Así que o que podedes ver é unha sinxela montaxe para que contempledes aos vosos fillos/as atentos e interesados nesa fantástica historia.
Despois de escoitar e ver todo o que lle ocurría a este becho, que pode dar voltas e voltas todo o día sen parar, todos os pementeir@s quixeron sacar unha foto con el. É un novo amigo que temos no cole e que nos acompañará ao longo do curso. ¡Mirade que guapos e guapas están!

