E chegou o remate do curso. O momento de entregar os traballos do trimestre e as notas, de actuar no festival e ver, tamén, as actuacións do resto dos compañeiros/as do cole, e de despedirnos ata o mes de setembro. Foi un curso estupendo, no que disfrutamos moito viaxando e aprendendo co Nautilus e agora toca facer outras cousas aproveitando o verán. Seguro que cando volvamos ao cole en setembro xa temos novas experiencias, ideas, proxectos e propostas de traballo e investigación, novas cancións, contos, poemas e xogos, enerxía renovada e ilusións que nos animen... así que damos por finalizado este curso, cun pouquiño de nostalxia xa por todo o vivido pero con orgullo e satisfacción polos logros acadados, e despedindo cos nosos mellores desexos a Mario e Izan que irán a outro cole.
Aquí vos deixo as fotos e vídeos dos dous últimos días de cole. Espero que vos gusten e vos sirvan para apreciar o divertidos e emocionantes que foron.
- Recibimos o terceiro exemplar de Novas de Infantil deste curso 2017-2018 con páxinas extra!
- Mario e Izan recibiron uns agasallos dos compañeiros/as como despedida, cos mellores desexos de todos/as de que teñan moita sorte e boas experiencias nos seus coles novos.
- Antes da nosa actuación estelar, fixemos unha foto de grupo desprendendo moita enerxía con ganas xa de mostrarlle a todos os papás e mamás o estilo de mambo dos pementeiros/as. Tamén fixemos o último ensaio. E máis fotos, de parellas e trompetistas.
- ¡Momento estelar! ¡Fantástica actuación dos pementeiros/as co Mambo nº 5!
- Despois de merendar, ¡a disfrutar con Peter Punk! ¡Qué ben o pasamos!
- Entrega de traballos e notas: todos os nenos e nenas estaban felices e orgullosos dos seus traballos, desexando mostrarllelos ás súas mamás e papás.
- Merendamos xuntos antes de comezar as vacacións do verán.
Unha vez máis, grazas familias por todo!!!!! Foi un pracer compartirr este curso con todos os pementeiros/as e convosco. Disfrutade do verán e vémonos en setembro.

