E chegou o fin de curso! Así que só me queda mostrarvos as últimas actividades que fixemos e o ben que o pasamos o día do fextival.
Aquí vai un vídeo no que podedes comprobar a cantidade de obras de arte da pintura, escultura e arquitectura que os pementeiros/as coñecen. E hai que aclarar que coñecen máis aínda o que pasa é que aquí están visualizando os bits de intelixencia que traballamos habitualmente e non inclúen un montón de cousas dos proxectos que traballamos nestes tres cursos e que coñecen perfectamente, claro.
En moitas ocasións traballamos na aula de psico cando facemos actividades que precisan máis espazo para movernos e expresarnos ao ritmo da música, para facer xogos de expresión corporal, ou coreografías grupais... Aquí vos deixo un pequeno vídeo cantando e xogando con "The Pinocchio song"
E agora chegamos ao día do festival. Os nenos e nenas chegaron perfectamente ataviados par triunfar con "The shoop shoop song". Fixemos a entrega oficial dos traballos do trimestre e as notas, todo dentro das bolsas decoradas para a ocasión.
¡E saímos para demostrar que somos auténticos artistas! ¡Vai caer o pabellón!
E AQUÍ ESTÁ A MONTAXE FINAL DO ÚLTIMO ENSAIO E A ACTUACIÓN DESDE DOUS PUNTOS DE VISTA DIFERENTES.
Finalmente, merendola e unha master-class de zumba...
E así finalizamos o curso 2018-19 e o ciclo de infantil para os pementeiros/as. Espero que todos disfrutedes moito das vacacións de verán e que o novo curso escolar empece con bo pé. Estou segura de que estes/as pementeiros/as van ter moito éxito na nova etapa educativa e van demostrar que son uns campeóns.
Bo Verán!