UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 3 de octubre de 2017

MÁIS MATERIAIS PARA O RECUNCHO DO PROXECTO NAUTILUS

   Seguimos recibindo cousas para o noso recuncho marítimo e, a verdade, é que chegan cousas moi interesantes. Temos moitos obxectos para observar e extraer aprendizaxes diversos e, tamén, moitos libros con fermosas imaxes do mar, dos barcos e dos peixes e con historias cautivadoras. ¡Mirade, mirade!
   Adan trouxo unha BATEA cheíña de mexillóns que nos encantou a todos. Díxome que a fixera co seu papi, así que noraboa por esa creatividade e por ese traballo tan ben feito.
      Hugo trouxo unhas cunchas de vieira e un libro sobre o mar (que aí nda non tivemos tempo de ver pero que veremos prontiño porque ten boa pinta).
    Marcos trouxo unhas fotos dun acuario e, como xa vos imaxinaredes, as imaxes que máis gustaron foron as do tiburón. ¡Onde haxa un tiburón non manda unha sardiña!




   Sara Vidal trouxo un pulpo e uns peixiños feitos con materiais de refugallo que son ben simpáticos.
   Óscar trouxo un libo que me encantou porque é, precisamente, a historia da que nace o nome do noso proxecto. Agora, xunto co que trouxo Noa, xa poderemos ler con moito pracer as aveturas do Capitán Nemo no Nautilus.






    Sara García trouxo unhas caracoliñas culísimas e un interesante libro da Illa de Cortegada. O ía que lemos a historia de Carola, a carteira centola xa dixo na clase que o tiña e que o ía traer e cumpliu a súa palabra. ¡Cantas cousas temos para ler!



   Tamén estivemos lendo unha historia moi bonita sobre Don Cabaliño de Mar que coida dos ovos que puxo Dona Cabaliño de Mar e os leva nunha bolsa na súa barriga e aprendemos que hai máis peixes que colaboran coas femias na crianza dos fillos (por exemplo o peixe-trompeta ou o kurtus do que, por certo, nunca escoitáramos falar. ¡Cantas cousas temos aínda que aprender!)

    Pouco a pouco estou intentando poñer un pouco de orden no recuncho porque con tantas cousas é preciso organizalas  para poder observalas, disfrutalas e aprender moito con elas. Ademais así, temos máis espazo libre para ir engadindo o que vaia chegando nos vindeiros dias (por iso, tamén, enviei algunhas fotografías, pinturas ou murais que quedaban do proxecto do ano pasado, para ir poñendo novas imaxes nas paredes). Grazas a todas as familias que estades enviando cousas porque temos moitos camiños de investigación abertos e os nenos e nenas parece que mostran moito entusiasmo.


 







   Para rematar o día un pouco contentos xogamos no recuncho dos disfraces e non creo que sexa necesario que vos conte que resultou moi, moi divertido.








6 comentarios:

  1. Menudo recanto máis xeitoso, dan ganas de comezar a investigar!! a verdade é que é un gustazo ver as caras de emoción dos nenos, as historias que contan, estes días sobre Cristobal Colón,Irmáns Pinzones, barcos..fai que poidamos compartir con eles momentos moi divertidos e moi enriquecedores. Grazas Teté;)

    ResponderEliminar
  2. ¡¡Pero que emocionante!!,cantas cousas vamos aprender,¡¡¡¡moi bò traballo Tetè que grazas o teu esforzo encàntalles todo!!!

    ResponderEliminar
  3. Grazas a todos os papás e mamás que mandades materiais diferentes para abrir camiños dentro deste proxecto, por visitar este blog e mantelo activo e por os comentarios que deixades que sempre me dan ánimos para seguir traballando cada día. No cole hai días en que todo funciona xenial e hai días máis complicados nos que parece que non conseguimos concentarnos e disfrutar tanto como eu quixera por iso é tan agradable cando temos días con actividades que atraen a atención dos peques e que na casa as valoredes tanto! GRAZAS!

    ResponderEliminar
  4. Pois non te desanimes que sabes que desos dias vai haber, pero non dubides que este proxecto os ten super atentos e ansiosos por coñecer cousas novas. E nós tanto como eles.E ainda estamos empezando...
    Por certo, impresionante a aula.

    ResponderEliminar
  5. E un placer traballar con un neno cando está cheo de ilusión por aprender eso pasounos a nos con que ilusión facia a batea pa enseñarlle a profe e os seus amigos moitas gracias Tete

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Adan estaba todo orgulloso coa súa batea e non era para menos. De verdade, pareceume unha aportación supercreativa, encantoume! E ver as caras de todos foi xenial, véxoos moi motivados e cada día contan cousas e fan preguntas...Ojalá que manteñamos a ilusión porque así é estupendo plantexar cousiñas e traballar cos peques. GRAZAS a vós!

      Eliminar