UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 5 de octubre de 2017

UN NAUTILUS PEMENTEIRO

   Seguimos a traballar na Pementeira, pero estamos disfrutando moito porque o traballo en equipo é interesante, entretido e enriquecedor. Falamos moito, lemos moito e, polo tanto, tamén aprendemos moito. Seguimos recibindo cousiñas para o recuncho mariño e cada obxecto, libro, fotografía, poema ou que sexa que chegue, danos pé a buscar información e descubrir cousas novas. 
     Hoxe Marcos trouxo un faro moi chulo que nos permitiu falar do Camiño dos Faros que vai de Malpica e Fisterra. A todos lles fixo moita gracia o nome do Faro de punta Nariga que é un fermoso faro do arquitecto César Portela. Tamén trouxo uns poemas moi bonitos sobre Cristóbal Colón e o descubrimento de América. E que, gracias ao libro que trouxo Valeria, estamos moi interesados nesa aventura do século XV. Xa os lemos e gustáronos moito. Noa trouxo uns peixiños que dí que flotan na auga. Mañán temos que poñer auga nunha cubeta para comprobalo e a ver se podemos facer algún barquiño para poñer nese pequeno mar.

 Resultado de imagen de faro de punta nariga FARO DE PUNTA NARIGA

     Alejandro Vázquez Seco trouxo un libro sobre o peixe pallaso Nemo que lles encanta a todos os pementeiros/as. E Izan trouxo unha caracola que xa está formando parte da nosa colección de cunchas e caracolas diversas, todas ben bonitas por certo.


   Ultimamente estivemos pintando un submariño especial para a nosa aula, un NAUTILUS pementeiro no que colaboramos todos. Móstrovos o traballo de equipo destes nenos e nenas e como está quedando o noso Nautilus e, despois, unha vez rematado finalmente e colocado no seu lugar xa vos mostrarei como quedou a ver que vos parece.




























   Como vedes o noso submariño tiña que ser amarelo, fixemos votacións para elexir a cor e gañou o amrelo por unha maioría aplastante porque, claro, co referente do "Yellow Submarine" non había outras posibilidades que lle fixeran sombra.


   E como xa estamos empezando a decorar aulas e espazos comúns, pois na entrada da aula colocamos un pequeño motivo mariñeiro para recibir a todos os que veñan de visita. O paso seguinte será decorar a porta. Xa temos elixido o motivo por votación pementeira. A ver se algún neno/a vos dí que vai ser...











2 comentarios:

  1. Con toda certeza, a decorado vai quedar impresionante

    ResponderEliminar
  2. Que bonito esta quedando todo!!! Encantanos escoitalo contarnos todo o que vai aprendendo, que Cristobal Colób pensaba que la tierra era redonda y no era redonda era cuadrada😅, y en Ocubre hay el descubrimiento de America del sur😅😅😅, e que nos encanta.Un páxariño nos dixo a decoracion para a porta, e tamén nos advertiu de que hai que ter moito coidado😯

    ResponderEliminar