UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 25 de octubre de 2017

PALABRAS NOVAS DO PROXECTO NAUTILUS

     O PROXECTO NAUTILUS está triunfando na Pementeira. Estamos completamente mergullados na lectura de "20.000 leguas de viaxe submariño", prestando moita atención ao que lle ocurre ao famoso capitán Nemo e aos seus amigos no Nautilus. Encántanos ver todo tipo de peixes e animais que viven no mar tan diferentes e peculiares como o Peixe Pescador que ten a todos os pementeiros/as abraiados coa súa cara de monstro mariño e a súa linterna, e con tanta lectura e tanta investigación estamos aprendendo moito vocabulario novo. Así que estamos facendo unha árbore de novas palabras, aínda que hoxe chegamos á conclusión de que máis que unha árbore parece un polvo ou unha medusa (e de cada tentáculo colga unha tarxeta cunha palabra nova). E hoxe empezamos a grabar un diccionario de novas palabras relacionadas co proxecto. Costou un pouquiño de traballo pero non tanto polo feito de explicar as palabras senón porque para estes nenos e nenas o de estar uns minutos coa boca pechada (mentres un compañeiro/a explica unha palabra) é bastante difícil. Pero bueno, neso estamos, aprendendo a ter paciencia, aprendendo a respectar o esforzo que fai outro neno/a, aprendendo a falar diante dun público e dunha cámara (que non é doado), aprendendo a definir con un pouco de precisión... ¡Un montón de habilidades que estamos reforzando e entrenando! ¡Mirade como vai a cousa!




   Como vedes non está quedando nada mal este diccionario oral e visual. Espero que aprendamos moitas máis palabras e poidamos seguir con esta actividade tan interesante. Non sei que vós parece pero eu penso que o están facendo requetebén. Quero felicitar aos pementeiros e pementeiras que sairon voluntarios para explicar este novo vocabulario, pola paciencia para repetir as veces que fixo falta, por intentar falar un pouco alto para que a miña cámara rexistre o sonido (porque non ten micrófono externo, claro) e pola valentía de falar en público como auténticos ponentes nunha conferencia. Tamén quero felicitar a Daniel porque, un día no que eu estaba explicando que as baleas son mamíferos e non respiran polas branquias como os peixes, el con toda naturalidade explicounos:
     - Non, as baleas respiran polos espiráculos que teñen aquí detrás da cabeza.
     Así que grazas a el aprendemos unha nova palabra.

   ¡Encántame comprobar que estes nenos aprenden en calqueira sitio con entusiasmo e sen esforzo!
    Non sei se recoñecedes a música que estamos escoitando no vídeo pero é do famoso violinista Ara Malikian. O xoves pasado tiven a sorte de disfrutar do seu concerto en Santiago e quedei abraiada con este artista xenial. Mostreillelo aos pementeiros/as e quedaron impresionados coa súa intensidade tocando e agora xa mo piden na clase. Así que eu encantada...
    Seguimos recibindo cousiñas para o recuncho mariño. Hoxe Pablo trouxo uns pulpos superdivertidos. Todos tiveron clarísmo que un era o papá e os outros os fillos. Tamén trouxo un barco pirata e un precioso debuxo que pintou coas primas e con mamá.




           Anrís trouxo un animal que parece unha salamandra ou un tritón pero, aínda que non temos moi claro que viva no mar colocámolo no noso recuncho con outros animais.
    Marcos trouxo unhas fotos de Malpica porque estes días falamos en varias ocasións deste pintoresco pobo pesqueiro galego. Máis adiante faremos unha entrada no blog máis concreta sobre este tema.


Aleixo trouxo un precioso cadro do "Yellow Submarine" ue pintou co seu papá e unhas fotografías das Torres de Catoira e os barcos vikingos.


     Yeico trouxo máis imaxes do Oceanografic de Valencia que son superchulas, a verdade. Para el foi moi emocionante pero unha das cousas qu máis lle gustou foi que lle mercaron unha gorra de golfiño. Todos os nenos/as observaron as ftos con moita atención. E Dani estaba emocionado contando que el tamén estivo alí.






Resultado de imagen de gifs animados halloween

    E aínda que como vedes seguimos traballando moito, tamén temos tempo para ir preparando a celebración do Samaín. Recibimos unha cousiña máis para o concurso e fomos ver o que xa está na exposición para que o xurado poida ir elixindo os gañadores.
     Sara García trouxo unha caveira con aires mexicanos, ao mellor estilo Frida Kahlo, que nos gustou moito; e yeico trouxo unhas momias moi orixinais.
  
     Alejandro Vázquez Seco trouxo un móbil (recordando ao xenial Calder) con pasnntasmas e morcegos e Marcos uns debuxos que el mesmo coloreou.


    Mario aportou unha tea de araña espectacular que lles debeu dar moito traballo, pero claro, hai que recoñecer que as arañas son moi traballadoras e precisas así que imitar o seu traballo debe ser complicado. E Alejandro Vázquez Rodríguez trouxo outra momia feita con auténticas vendas que, por certo, aínda estaban manchadas con sangue (como el mesmo puntualizou).
    

 








3 comentarios:

  1. Moitas felicidades a todos! A Tete por esas ideas tan impresionantes como é o diccionario oral-visual e os pementeiros por facelo tan ben diante da camara, e ser capaces de atreverse con todo. Que sorte ter unha profe asi, Moitas gracias.

    ResponderEliminar
  2. Si que o fan ben pero nótase certa reocupación, jajajaja, o que está ben porque iso indica que para eles é unha respnsabilidade facelo ben e que vós o vexades na casa. Cando me explican cousas na asemblea están moito máis relaxados, non pensan tanto o que din, sae todo espontáneamente... e cando collo a cámara están máis tensos (lóxico, tamén nós os adultos temos nervios cando falamos en público e percibimos a avaliación dos demais), pero aínda así queren facelo e saen voluntarios. Cada día notaremos máis soltura e iso é xenial, gústame que asuman retos, que queiran participar e que teñan afán de superación. ¡Animádeos a facer cousas por si mesmos!

    ResponderEliminar
  3. Parabéns Pementeir@s!!! Facedelo xenial👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar