UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 20 de octubre de 2017

MIL COUSAS

   Esta entrada ten un título un tanto peculiar porque, pensaredes vós, non dá moitas pistas sobre o tema principal do que imos falar. Pero así son moitos días no cole e na Pementeira, cheos de actividades e ao longo desta semana, como nos gusta en infantil, fixemos MIL COUSAS: cantamos, bailamos, practicamos ritmos, facemos ioga, modelamos, lemos libros, xogamos... Hoxe foi un día moi completo e pasámolo moi ben.   
Resultado de imagen de gifs animados frutas      Empezamos a rutina "Venres:100% saudable" tomando froita para merendar. Todos os nenos e nenas que trouxeron froita de merenda colocaron un gomet no panel, que temos na aula cos nomes de todos os pementeiros/as, para ir enchendo ao longo do curso.





   Os papás e mamás, e os pementeiros/as tamén, teñen que ter presente que o gomet só se consigue se a merenda deste día consiste en comer froita (non vale traer outras cousas para "completar", se a merenda parece pouca pois hai que traer máis froita; o reto consiste en facer do venres un día distinto, comendo máis sano e evitando galletas, boliños e outros alimentos que os máis pequenos xa toman de xeito cotián). Quedan moitos venres por diante e os que queiran superar este obxectivo 100% saudable teñen tempo aínda pero, recordade, comer froita é comer froita, así de simple, non é beber un zume envasado, non é traer un cachiño de mazá e comer unhas galletas, non é tomar un iogur con sabor a fresa... A froita é necesaria, é agradable, é beneficiosa e esta proposta (recordade que é voluntaria, non hai sanción de ningún tipo por no participar) pretende que os nenos se habitúen a a inxerila e apreciala. Non hai premio se non hai implicación. ¡Ánimo e a seguir participando no reto! Os venres serán 100% saudables comendo moita froita... e practicando ioga!






      Pero facemos moitas máis cousas. Nesta semana estivemos observando un peixe globo auténtico, e coral, que  trouxo a teacher Bea (para todos os nenos e nenas de  infantil) e nos deixou abraiados.
                                     








    Disfrutamos un montón lendo libros sobre o mar, observando as magníficas fotografías dalgúns libros (concretamente o libro que trouxo Carmen causa furor na Pementeira, e non me extraña porque é impresionante).







   E cada día parece que nos gusta máis modelar coa plastilina. Alejandro Vázquez Seco está moi animado co proxecto do mar e está descubrindo que pode reproducir moitos animais mariños. ¡Gústame ver como se esforza en poñerlle os elementos que os caracterizan! Modelou un peixe globo, un tiburón martelo e un cachalote.

 
   Icía, Mario e Alejandro Vázquez Seco modelaron tartarugas igualiñas que a nosa Moby Dick.  E Enzo e Óscar fixeron medusas.




 




    E aínda estamos a recibir cousas para o recuncho. Alejandro Vázquez Seco trouxo un cabaliño   de mar (ou hipocampo como agora nos gusta chamarlle) precioso que lle mostrou con moito coidado a todos os compañeiros/as.






    Enzo trouxo outro peixe e unha ostra cunha perla feitos por el na casa e que lle quedaron moi ben.

    Estamos aprendendo moitas palabras novas con este proxecto Nautilus. O outro día lendo unha adaptación do magnifico relato de Julio Verne  "20.000 leguas de viaxe submariño" coñecemos un animal chamado NARVAL que é parecido a unha balea e un cachalote e que ten o corpo con manchas no lombo e a barriga blanca e unha especie de corno, un dente moi longo e estreito, que aos pementeiros lles recordou a un peixe espada.

Resultado de imagen de narval gigante

  Ese "corno" do NARVAL pode medir 2 metros, así que empregando unha cinta métrica debuxámolo no chan e comprobamos que é tan longo como dous nenos. ¡Mirade!

E sempre, sempre, cantamos moito...


3 comentarios:

  1. E certo non parades pememteir@s!!😅, Enzo explicounos que o día saludable era só para comer froita na merenda, a el non lle gusta moito a froita pero "me la como igual😅😅😅", e a hora do baño acordoulle explicarnos ioga, asique para relajarnos acercamos el culete a la pared nos tumbamos y levantamos los pies, Icía bebe tamén fixo ioga😅😅😅

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Estupendo! Gústame que se animen a seguir practicando. Cóstalles bastante traballo facer algunhas posicións sobre todo polo equilibrio (o cal é lóxico, ata o de agora aínda non teñen moito equilibrio e hai posicións complicadas ata para os adultos) e, tamén, porquenon están afeitos a estirar, tensar, os músculos e iso non é fácil tampouco. Gústame ver que o intentan, que se esforzan e que se cansan... a medida que vaian comprendendo que ese esforzo lles fai mellorar e sentirse mellor cada día, disfrutarán máis profundamente de moitas actividades. Son unha profe un pouco "clásica" e penso que o esforzo, a constancia, o afán de superación son motores básicos da aprendizaxe e da evolución e iso é complicado que se valore ou se entenda aos 4 anos. Por iso ver que na casa os animades, que facedes cousas con eles, que valorades os progresos que fan e o que aprenden no cole é moi importante e moi gratificante para min! Grazas!

      Eliminar
  2. ¡Xenial! pois a facer ioga ou calqueira tipo de actividade física e a comer froitas e verduras. A ver se, entre todos, logramos mellorar hábitos e vivimos con máis saúde e durante máis tempo! Grazas por participar no reto e por seguir, tamén, na casa con estas propostas xa que iso anima moito aos peques e fai que vexan o cole dun xeito positivo!

    ResponderEliminar