UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 23 de octubre de 2017

UN CONCURSO MOSTRUOSO

     Como xa sabedes, o equipo de actividades complementarias e extraescolares do cole, organizou un concurso de decoración monstruosa para encher os corredores de bruxas, monstros, cabazas, vampiros, momias, esqueletes e todo o que se vos poida ocurrir que nos dé moito, moito medo. Xa supoñedes que a nosa idea é facer da celebración do SAMAÍN algo divertido que sexa, tamén, un momento de unión e participación das familias. Os distintos elementos decorativos poden ser un pretexto para pasar un pouquiño de tempo cos vosos fillos e fillas facendo algo creativo e "terrorífico". Xeralmente os máis pequenos síntese atraídos polas historias de medo que lles provocan fortes emocións e que poden servirlles, ao mesmo tempo, para canalizar os seus propios temores, para enfrentarse a eles, para "quitarlles ferro" por decilo coloquialmente. Por iso facer con eles algunha manualidade deste tipo pode ser, tamén, un bo momento para conversar sobre as causas que os asustan, para botar unhas risas xuntos, para animalos a expresarse creativamente... O concurso, por suposto, é voluntario pero, a verdade, é que se agradece moito ver as cousas tan orixinais que veñen das casas e disfrutamos moito vendo o que vai chegando cada día e o que se vai expoñendo nos corredorres do cole. Grazas a todos os que xa estades participando e a ver se alguén máis se anima tamén. 
    Ata o de agora na Pementeira recibimos estas cousas tan chuscas:
   Óscar fixo un debuxo que ten todos os elementos representativos do Samaín e Mariña trouxo unhas arañas moi divertidas.

    Marcos trouxo un esquelete moi realista que, como el nos explicou, acaba de saír da súa tumba. E Valeria trouxo un cadaleito cunha caveira que a min polo menos me pareceu terrorífico.


   Sara Castaño trouxo unha momia e unha araña superchulas e Gabriel outra araña coa súa tea (un poucomáis gordecha que a de Sara).

     Enzo trouxo dúas pantasmas, ben blanquiñas que creo que nos queren meter un susto, e unha cabaza ben bonita.

Imagen relacionada

1 comentario:

  1. Que gusto ver q lles encanta participar en todas as actividades. Fixeron unhas cousas "terrorificas". Calquera se atreve a entrar no cole esta semana...

    ResponderEliminar