UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 10 de octubre de 2017

CRISTÓBAL COLÓN

      Como xa sabedes, na Pementeira estivemos lendo a historia de Cristóbal Colón e de como chegou a América, un continente descoñecido na Europa de século XV. A todos os nenos e nenas lles pareceu moi interesante o feito de que o famoso navegante quixera chegar as Indias dando a volta a toda a terra polo mar e que, sin esperalo, no medio da súa viaxe se topara co continente americano. Tamén lles gustou moito que levara tres carabelas que se chamaba, Pinta, Niña y Santa María e quedaron impresionados cando lemos que os mariñeiros despois de pasar anto tempo no mar foran quedando sin comida, sufriran unha forte tempestade e se puxeran cada vez máis nerviosos porque non había "terra á vista".
     E xa que este relato gustou tanto e pasado mañán, 12 de outubro, se recorda, precisamente, ese feito histórico que cambiou as nosas vidas en moitos aspectos (falamos de que a patata, o tomate, o chocolate, o millo etc. viñeron precisamente de América xa que na Europa precolombina non existían ditos cultivos), pois era imprescindible facer algún traballiño sobre todas estas cuestións. Hoxe concretamente completamos un texto ao que lle faltaban algunhas palabras clave. Os pementeiros/as fixeron a actividade impresa moi ben.






















    Seguimos recibindo cousas para o recuncho. Marcos fixo na casa un auténtico drakkar con goma eva co noso amigo Vickie o vikingo a bordo e unha rede cunha pedra dun tesouro; e Noa trouxo uns salvavidas auténticos dos que hai nos barcos que lles ecantaron a todos os nenos e nenas.

    Izan trouxo unhas botellas un tanto misteriosas xa que en cada unha delas había un animal mariño escondido. A finalidade do xogo de botellas era averiguar que animal estaba escondido en cada botella pero a verdade é que Izan xa nos contou por adiantado o que estaba escondido en cada unha delas. Mañán volveremos a observalas con calma para que todos os nenos e nenas poidan buscar que se oculta en cada recipiente. É un xogo ben divertido!



 E, por último, comunícovos que o noso NAUTILUS PEMENTEIRO xa está cheo de mariñeiros e mariñeiras. ¡A ver cantos coñecedes!

Imagen relacionada


4 comentarios:

  1. Alucinante ver que ben fixeron todos a ficha de Cristobal Colon, que a sua historia tenos fascinados. Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Un traballos moi ben feitos pementeiros!!👏👏👏👏. Que bonito quedou o Nautilus Pementeiro, boa viaxe🌊🌊🐳🐙, benvidos os dous integrantes novos do Nautilus😊

    ResponderEliminar
  3. Que ben como traballan estos pementeiros Adan estaba todo contento porque no submarino estaban todos os seus amigos a profe Troya y Musa

    ResponderEliminar
  4. E que o curso pasado non puxen a miña foto nos globos viaxeiros e non facían máis que recordarmo. Neste curso xa me dixeron ao principio que tiña que poñerme de vikinga e no submarino, así que aproveitei que aínda me queren cerca (por momentos) para situarme con eles e,claro, Troya e Musa como saben que os pementeiros/as lles dan de comer no blog, pois querían vir tamén, así que aínda que vaiamos un pouco apretados, alá imos a descubrir secretos e curiosidades do mar.

    ResponderEliminar