UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 18 de octubre de 2017

MERGULLÁNDONOS NAS MATEMÁTICAS

       Os pementeiros/as están moi activos neste curso. Se ben é verdade que xa non son os pequenos do cole e saben facer moitas cousas por si mesmos, tamén é certo que lles costa bastante escoitar, estar quietos e permanecer na aula cinco horas seguidas. ¡É comprensible! Así que as profes temos que organizar actividades que lles permitan, de cando en vez, moverse máis ou saír da aula para facer cousas diferentes ás habituais. Así que hoxe tocou deixar cadeiras e mesas para ir á aula de psico a facer unha actividade de matemáticas. ¡Sí! ¡Mirade como nos mergullamos nas matemáticas! 

         Primeiro empezamos nadando nun mar imaxinario.

Imagen relacionada

   E, a continuación, xa empezamos a  mergullarnos nas matemáticas. Repartimos unha ficha na que tiñamos que sumar peixes...


A Alejandro Vázquez Rodríguez tocoulle sumar 2+2





Resultado de imagen de gifs animados sumas








Óscar foi o encargado de sumar 2+1








E Adan fixo a última suma da ficha: 5+2






Tamén facemos sumas na PDI.



Resultado de imagen de gifs animados sumas
     Aínda que hoxe intentamos "romper" coa dinámica habitual de traballo, tamén procuramos desenvolver actitudes de concentración, silencio e traballo tranquilo dentro da aula disfrutando dun ambiente relaxado con música suave que nos permite pensar e razonar. Non sempre conseguimos ese ambiente pausado e propicio para reflexionar pero polo menos estamos intentándoo.



   E dentro da aula, seguimos recibindo materiais para o noso recuncho do Nautilus e tratando de colocar todo dun xeito vistoso para poder disfrutar todos os días con todo o que aprendemos.
   Enzo trouxo un cangrexo feito cun plato de cartón que quedou ben feituco e unha botella con dous peixes-globo.

     Marcos trouxo uns xoguetiños de Bob Esponxa e Valeria un libro de animais do mar.


       Dani chegou da súa viaxe feliz coma unha perdiz porque traía un fantástico dente de tiburón (que deixou coa boca aberta a todos os compañeiros/as) e uns fósiles de trilobites e ammonites. E Dani explicounos con moita claridade que eses animais viviron fai moitísimos anos, antes que os dinosaurios. ¿Podedes imaxinalo?

       
        Tamén trouxo uns libros moi interesantes de Golfiños e da flora e a fauna do mar. ¡Estamos desexando velos con calma!

    Yeico tamén regresou dunha viaxe e trouxo cousiñas interesantes. Estaba moi orgulloso de poder mostrarnos unhas imaxes do Oceanografic de Valencia e non era para menos porque ¡mirade que foto máis espectacular fixo!

              Os compañeiros/as quedaron coa boca aberta...
       Tamén trouxo unhas caracolas ben bonitas que xa están no recuncho coas outras.

        Mariña trouxo un tiburón de plástico e Sara García un debuxo feito por ela dun gato nun barco.
        Sara Castaño trouxo unhas fotos do acuario de Vilagarcía que tamén nos gustaron moito.

    Eu vou tratando de ir colocando todo para poder contemplalo e disfrutalo a diario... ¡Grazas a todas as familias por todas estas aportacións! Estamos aprendendo moito con todo o que enviades.




1 comentario:

  1. Cantos peixiños sumaron😊. Como lles gusta apotar cousiñas para o recuncho,seguide asi pementeiros👏👏👏👏

    ResponderEliminar