UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 9 de octubre de 2017

O RECUNCHO DO PROXECTO MEDRA E MEDRA

    O recuncho do Proxecto Nautilus medra e medra sen parar. Cada día temos unha sorpresa nova. Hoxe foi un luns moi mariñeiro pois mirade cantas cousas novas temos xa para seguir investigando. Noa trouxo un montón de cousas: unha nova medusa (que aínda non ten nome, estamos a ver se xurde algunha idea), unha rede para pescar no mar e outra pequena para levar os peixes (según as explicacións de Noa) e unha boia para que as redes non vaian para o fondo durante a pesca ou para marcar as posicións dos buzos ou as mariscadoras por exemplo.

  
   Anrís trouxo unha cunchiña de berberecho que xa está formando parte da nosa colección de cunchas variadas. E Hugo trouxo un cofre superchulo cun auténtico tesouro dentro!


   Óscar trouxo un peixe e un pulpo feitos con goma eva ben bonitos e vistosos; e outros peixes de plástico que tamén están xa no recuncho cos seus compañeiros.

 
   Mariña trouxo un libro titulado "Bajo el mar" e Marcos unha pluma de gaivota (que é unha ave mariña)

 Resultado de imagen de gifs animados gaviotas

   Aleixo chegou moi orgulloso cun peixe feito a base de cunchas recollidas na praia, ¡un traballo fantástico!


Resultado de imagen de gifs animados peces
   Xa vedes que temos un montón de cousas e moitos temas para investigar. Estamos aprendendo novas palabras, coñecemos feitos históricos, imos asimilando datos de bioloxía e xeografía... En fin, xa estamos sacándolle moito partido a esta viaxe no NAUTILUS.

   Agora aproveito esta entrada para mostrarvos as fotos da nosa 2ª Sesión de ioga. Imos intentar que todos os venres poidamos estirar os nosos músculos, potenciar a nosa concentración e o nos control corporal e mental. Nesta sesión do venres, os pementeiros/as tiveron que esforzarse moito porque costa manter o equilibrio e, sobre todo, costa estirar ben as pernas e os brazos pero aí están, intentándoo.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario