UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 16 de octubre de 2017

¡DOUS CUMPLES O 12 DE OUTUBRO!

      O 12 de outubro xa sabíamos que era un día sinalado no noso calendario porque recordábamos que foi nesa data cando Cristóbal Colón chegou a América (pensando que tiña chegado ás Indias). Pero, ademáis de recordar ese feito ocurrido no ano 1492, resulta que na Pementeira é un día moi especial porque NOA e MARIO están de aniversario. Cada un deles tivo a súa pequena celebración por suposto, e foron os protagonistas no seu día.
     O venres celebramos o aniversario de Noa que trouxo unha tarta espectacular que lle gustou moito a todos os compañeiros/as porque era un peixo  multicolor que ben podería nadar ao ladiño do Nautilus.



 Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños
   Despois de apagar as candeas, fixemos o reparto do peixiño que se acabou no periquete e, a continuación, os nenos e nenas aínda comeron outro biscoito máis e non deixaron nin migallas...

























     E hoxe luns, celebramos o aniversario do pementeiro MARIO que chegou moi contento co seu biscoito que tiña algo peculiar (fixádevos nas fotografías a ver se lle notades algo diferente). Mario apagou as catro candeas e despois de escoitar a canción do "Cumpleanos feliz" repartimos o doce que tamén estaba decorado con motivos mariñeiros...

 
Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños
















¡¡¡FELIZ CUMPLE. NOA E MARIO!!!
Imagen relacionada

  Como vedes na Pementeira temos moitas celebracións e, claro, comemos moitos doces. Así que teremos que ir poñéndonos as pilas e empezar a facer algún día unha merenda máis saudable... Pensaremos en organizar algo para reservar unha xornada na que a merenda sexa froita (como xa falaramos o curso pasado). ¿Que vos parece a idea?


2 comentarios:

  1. Resposta inmediata de Marcos á pregunta "que vos parece a idea." - "si, bien" Ja ja.
    Menudos festeiros estades feitos e menuda sorte ter tanta festa seguida. Felicidades aos pementeiros Mario e Noa. E noraboa as mamis por eses super-biscoitos

    ResponderEliminar
  2. Que sorte teñen os pementeiros festa tras festa 🎉🎊🎉🎊.Pareceme moi boa idea, Felicidades Noa e Mario. Sumome a Pili Noraboa mamis, uns biscoitos moi moi orixinais 😊

    ResponderEliminar