UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 21 de abril de 2017

PINTANDO COMO KANDINSKY

Resultado de imagen de kandinsky     ¡Cantas cousas sabemos de arte! e ¡cantos artistas coñecemos xa!. Non é nada novo o que vos conto porque vós, papás e mamás, xa o sabedes. Coprobástedes na presentación Prezi todas as obras e pintores e escultores que fomos coñecendo por todo o mundo. E ultimamente estivemos traballando nunha pintura de Wassily Kandinsky, un pintor ruso. De Rusia coñecemos a catedral de San Basilio, un edificio impresionante cheo de cores que parece sacado dun conto de fadas (e que temos no noso recuncho de arte) e agora, tamén, a Kandinsky.
Algunhas das obras de Kandinsky máis coñecidas son as seguintes:
Resultado de imagen de kandinsky
Resultado de imagen de kandinsky
Resultado de imagen de kandinsky
Resultado de imagen de kandinsky

Nós estivemos facendo unha reprodución desta última pintura titulada "Duro, blando".





























   Agora porei eu o meu granciño de area cuns pequenos retoques e xa colocaremos a nosa nova obra de arte no museo do corredor xunto coas flores de Georgia O´Keefe e o bodegón de Cezanne.
    Seguimos coas aportacións para o noso recuncho de arte. Hoxe Icía trouxo uns folletos dunhas exposicións porque ela, e tamén Aleixo e Enzo, tiveron a sorte de ir a Madrid nas vacacións de Pascua e vistar o Museo do Pardo e o Reina Sofía. ¡Estou encantada con que estes pementeiros/as viaxen tanto e disfruten nos museos!

Resultado de imagen de bailarinas de Picasso    Icía contounos que no cadro de Picasso "As tres bailarinas" pois hai  "unha bailarina que parece un  porquiño pero é unha bailarina". Icía, Enzo e Aleixo viron o Guernica, pero o de verdade que é máis impresionante aínda que o que nós pintamos no cole. E tamén viron "As Meninas" e o "Cabaleiro coa man no peito" (por certo, familias, a contraseña para o luns ten algo que ver con este retrato tan fermoso).
      E como seguimos coas contraseñas, a de hoxe quixo gravala Icía:

      Para rematar esta entrada, déixovos as fotos da nosa Willy Fog de hoxe, a pementeira Sara Castaño.





1 comentario: