UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 6 de abril de 2017

¡POR FIN AS CHUCHES! E MÁIS COUSAS

      ¡Por fin! Hoxe conseguimos entregar as chuches do cumple de Alejandro. Ben sei que os pementeiros tiñan moooooitas ganas de levalas pero eu estaba esperando que fixeran un pouquiño de esforzo na aula (esforzo en comportarse mellor porque levan uns días nos que é dificil traballar e disfrutar na Pementeira). Estamos rematando o trimestre, está aí a Pascua que revoluciona Padrón, empezou a primavera "que o sangue altera" e son moitos factores os que inflúen no comportamente destes nenos e nenas de infantil. Pero hoxe foi un día un pouco mellor así que decidín que había que entregalas xa porque, en realidade, son un agasallo de Alejandro e a súa familia a todos os compañeiros/as. Sei que estaban encantados porque tan pronto saíron da aula, xa llo contaron ás coidadoras do comedor e aos papás e mamás que estaban na porta.




















     E aínda que estemos xa a piques de rematar o trimestre, seguimos recibindo cousiñas para o noso recuncho de arte da aula. Pablo trouxo unhas tarxetas postais con imaxes da Alcazaba de Almería, a Alhambra de Granada, o Big Ben e Buckingham Palace en Londres. 


     Seguimos traballando nas bolsas para levar os traballos para as casas e neste vídeo e as fotos que están a continuación podedes ver parte do proceso de traballo.







































Imagen relacionada   A nosa inspiración para facer as bolsas, como non podía ser doutro xeito, é unha das máis fermosas obras de Vincent Van Gogh titulada "Ramas de almendro en flor". Xa que estamos na primavera, o máis lóxico é plasmar a beleza das flores cando brotan por todas partes enchendo de cores as árbores e os prados. ¡Espero que vos gusten! Mañán queda darlle un pequeniño retoque final e os pementeiros/as xa levaran todos os seus traballos e as notas para as casas.

2 comentarios:

  1. Aquí estamos desexando ver todas esas cousas coas que, estou segura, imos "flipar"

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Que ganas de ver os traballos deste segundo trimestre!!!
    ¡¡¡Felices vacaciòns!!
    ¡¡Toca descansar e coller forzas para o ùltimo trimestre!!

    ResponderEliminar