UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 4 de abril de 2017

O GATO CON BOTAS

      Hoxe foi un día moi especial xa que viaxamos todos xuntos a Santiago para disfrutar dunha divertidísima obra de teatro titulada "O gato con botas". Os pementeiros/as estaban emocionados/as, tanto, tanto que lles costaba un pouco atender ás indicacións da profe.
     Antes de saír, recordeilles as normas a seguir cando saímos do cole como por exemplo: camiñar en fila cun compañeiro/a da man, seguir á mestra, subir ordeadamaente ao bus e sentarse onde nos indiquen, poñer o cinturón de seguridade, facer de novo a fila ao baixar do bus e non marchar antes de que a profe o indique, sentarse ben no auditorio e non poñer os pés encima das butacas, non levantarse e marchar antes de que a profe o indique... E teño que dicir que algunhas destas normas non deberon quedar moi claras porque a profe tivo que repetilas en bastantes ocasións ao longo da mañán. En fin, o importante é que a obra de teatro foi moi divertida, chea de ritmo e os nenos/as de infantil disfrutaron a tope.































































     Como vedes, durante a representación os pementeiros/as estiveron atentos e inmersos na historia. Encantoulles o gato que falaba con acento andaluz e colleron un pouquiño de medo co ogro verde que aparecía de repente por detrás do castelo. Foi unha mañán chea de emocións e oxalá que teñamos máis oportunidades de pasalo así de ben co teatro e a música.

Resultado de imagen de gifs animados gato con botas



4 comentarios:

  1. A Marcos tamen lle chamou a atención eso. Dixo q o gato non dicia "miau" senon q falaba como nos. Ja ja ja. Pero gustoulle moito. Dixo q fora divertido

    ResponderEliminar
  2. A Enzo encantoulle!!! Mami o gato con botas quería cazar moitos moitos conejos para darllos a su Majestad😅😅😅😅

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que as representacións de Transeduca sempre funcionan moi ben e nos deixan bo sabor de boca. Para nós é unha cita habitual cada ano. E a verdade é que o dos coellos lles fixo moita graza (vese un cachiño nun dos vídeos). Certamente é curioso que as profes, e a xente relacionada co mundo da docencia, sempre intentamos introducir novas historias con mensaxes moi diferentes, con ilustracións novedosas, con finais máis abertos etc. etc. pero os contos tradicionais seguen triunfando entre os máis pequenos. Así que tamén está ben disfrutalos de vez en cando!

    ResponderEliminar