UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 28 de abril de 2017

GAUDÍ, NOVAS DE INFANTIL E LIBRO DE FIN DE SEMANA

        Hoxe venres tivemos un día completiño na Pementeira. A primeira sorpresa foi que se incorporou ao cole Anrís (onte chegaron tamén Enzo e Gabriel co cal estamos felices de ir volvendo á normalidade) e trouxo unha preciosa maqueta da Sagrada Familia de Antonio Gaudí, como el mesmo nos informou. Así que aproveitamos para aprender algunhas cousiñas sobre este famosísimo arquitecto.

Resultado de imagen de Gaudí    
   Antonio Gaudí foi un arquitecto catalán máximo representante do Modernismo español.
Entre as súas obras máis recoñecidas está, por suposto, a Sagrada Familia, o Parque Güell ou "O Capricho".


Resultado de imagen de construcciones de gaudi  Imagen relacionada Resultado de imagen de capricho de gaudi

     Pregunteilles aos pementeiros/as qué pensaban eles que era esa maqueta que trouxo Anrís e algúns dixeron que lle parecía un castelo, a casa dunha bruxa ou o castelo dunha princesa. Despois descubrimos que era unha catedral e recordamos outras catedrais que xa coñecemos: a Catedral de Santiago, a catedral de Notre Dame de París, a Catedral de San Basilio e a Catedral de Brasilia.

Resultado de imagen de catedralesResultado de imagen de catedrales

Imagen relacionada Resultado de imagen de catedral de brasilia
       Como vedes, estamos sempre viaxando. O último Willy Fog que tivemos na aula foi Daniel que estaba así de elegante e contento co disfraz e fixo o panel con moita seguridade e precisión.

     A segunda sorpresa do día foi que, por fin, chegou o segundo número de Novas de Infantil, o noso xornal. Retrasouse un pouquiño máis do que as profes quixéramos por uns pequenos problemas técnicos pero, finalmente, xa está listo. ¡Esperamos que o disfrutedes moito en familia!

     Tivemos tempo de lelo na aula antes de gardalo para levalo a casa e disfrutalo en familia. Todos os nenos e nenas estaban moi concentrados lendo con moito interese as novas do periódico.


















     E a terceira sorpresa do día foi que hoxe iniciamos unha rutina semanal que consiste en levar un libro da aula para o fin de semana. A finalidade desta actividade é animar aos máis pequenos a ler e disfrutar dese pracer da lectura na compañía dos seus papás e mamás. A miña pretensión é que compartan convsco algúns ds libros que temos na aula, promovendo así unha integración da escola nas familias e viceversa. Os nenos/as sempre teñen ganas de levar cousas do cole ás casas porque para eles/as é importante que vós vexades o que aprenden, que escoitedes as historias que vos contan e ser os protagonistas mostrando o que fan no cole, as cousas que teñen e coas que se divirten e, moitas veces, reproducindo as rutinas que temos... Xunto co libro de lectura vai unha sinxela actividade impresa na que teñen que escribir o seu nome e o título do libro (se queren senón podedes escribilo vós mesmos, así temos un rexistro dos libros que levaron cada un) e, despois, darlle cor á cariña que indique canto lles gustou o libro que levaron. Na libreta vai unha nota explicando estas cousas. Non me gustaría que vírades esta actividade como "deberes", se é así prefiro que non fagades a ficha. Eu estou facéndolles ver que é un premio levar o libro e eles así o ven, de feito, por iso non quero que supoña un problema nas casas. Á hora de escribir é normal que haxa letras que aínda non lle saen porque non as traballamos por iso non vai pasar nada se non escriben ben o título do libro, o importante é que se vaian animando a intentalo (dentro de cada libro vai unha tarxeta co título escrito en maiúsculas para que poidan ir copiando letra a letra, vós pódedes axudalos indicándolle que letra lle toca facer, que deben empezalas por arriba, que teñen que ir escribindo de esquerda a dereita etc. e, insisto, se non queren facelo é mellor que non o fagan porque quero animar á lectura non provocar un rexeitamento)

         Aquí están os nenos/as observando os libros que poden levar e pensando cal queren escoller hoxe.




     E, para rematar esta entrada, só me queda dicir que xa temos colocado no eito do corredor o noso "Home negro" de Calder, que quedou moi ben no medio dos móbiles.

 







7 comentarios:

  1. Que corredor máis chulo!!! Parecenos unha moi boa idea, e xenial poder traer pra casa un conto do cole, porque nos encantan os contos e porque nos encanta traer cousas do cole a ensinar 😅!!! A Enzo encantoulle facer a ficha, gustoulle tanto que quería colorear gustoume moito moito e gustoume bastante 😃

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome de que lles faga ilusión. De feito a semana pasada que lles ensinei as mochilas e lles expliquei a actividade, estaban emocionados e preguntaban cada día se xa tocaba levar o libro. Espero que o disfrutaran porque se trata diso, simplemente, disfrutar en familia lendo un conto e compartindo convosco os materiais que empregamos na aula. Mañán a ver que me contan eles!

      Eliminar
  2. A nos gustanos moito esta actividade para facer en familia, ademáis a Valeria encantanlle os contos e a nos leerllos e deste xeito coñecera libros novos que non veu hasta ahora.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Xenial! Diso se trata, de disfrutar xuntos! Alégrome un montón, de verdade. Oxalá manteñamos entre todos este gusto pola lectura! Grazas por visitar o blog e deixar un comenetario!!!

      Eliminar
  3. ¡Fantástico!Pois esta semana é cortiña, e nun par de días xa teñen oportunidade de coller outro. Acórdome que Icía lle contaba a todos os compañeiros/as o conto que collera ela, toda satisfeita de poder collelo, jajajaja. A ver se ten máis libros favoritos para o venres!

    ResponderEliminar
  4. Alejandro veu encantado co seu libro e disfruta facendo a actividade con nós. O que pasa e que nos vai facer falla o folio enteiro para poñer o título do libro, pois as letras quereas facer grandes, ja,ja,ja.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso é bastante normal ao principio, pero tamén se van habituando a adaptar o tamaño das letras ao espazo que teñen. É importante escribir moito para que cada vez lles resulte máis sinxelo controlar o trazo dos diferentes grafemas e a medida que as automatizan tamén as van reducindo. Non pasa nada se non lles cabe na liña o título, eles saben que poden rematar de escribir pola parte de atrás. É moi normal que lles ocurra agora, veredes como pronto xa lles vai chegando o sitio. Ademáis hai títulos moi longos, por iso tamén lles dixen que se non o escribían completo non pasaba nada. O que máis me importa é que disfruten do conto e teñan ganas de ler e escribir un pouquiño.Así que facede do momento da lectura un momento agradable e divertido e ¡proba superada! Grazas por participar e ter este espíritu tan positivo.

      Eliminar