UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 19 de abril de 2017

¡O CUMPLE DE RAFIÑA!

     Nada máis empezar o primeiro trimestre xa temos unha celebración de cumpleanos. Nesa ocasión o pementeiro Rafiña cumpliu 4 anos. Foi un día especial para el, primeiro, loxicamente, porque lle tocaba soprar as candeas e compartir uns biscoitos cos seus amiguetes do cole, e despois porque empezamos unha nova ronda de encargados e el, como é o primeiro da lista, tiña que estrear o disfraz de Willy Fog que nos deixou a mamá de Marcos. ¡Mirade que simpático estaba!. Os nenos e nenas morrían de risa e teñen unhas ganas bravas de que chegue o seu momento de disfrazarse de Willy Fog tamén.
       Tras facer o seu traballo como encargado, pasando lista moi ben e contando os nenos e nenas que viñeron ao cole e os que quedaron na casa, xa chegou o momento da súa celebración. Rafiña estaba moi contento e todos disfrutamos dos deliciosos biscoitos que fixo a súa mamá.


Resultado de imagen de gifs animados cumpleaños










Imagen relacionada

5 comentarios:

  1. Que bien e Rafiña con o sombrero muy guapo 😍😊

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A máscara de Willy Fog quixo quitala para pasar lista porque, claro, non vía ben e resultáballe un pouquiño incómoda. Pero foi divertido disfrazarse. Penso que disfrutou do cumple cos compañeiros e os biscoitos estaban moi bos!

      Eliminar
  2. Parabéns Rafiña!!!🎉🎉🎉🎂 Agora entendo porque Enzo me esta a decir que el quere ir o cole que lle toca ser Willy Fog despois de Adan 😕, mami no pasa nada por ter varicela mami😕😕

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Xa me contaron hoxe na porta que Enzo ten varicela!!!!! E ten razón,hoxe foi Adan e tocáballe a el mañán ser Willy Fog!!! Pero non pasa nada, dille que se recupere prontiño que cando volva vai ser Willy Fog sen problema. Están moi graciosos co disfraz e se non queren poñelo, pois non pasa nada, pero se teñen esa ilusión hai que cumplirlla (que pouco nos costa).

      Eliminar
  3. Felicidades a Rafiña e que guapo co disfraz!

    ResponderEliminar