UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 5 de noviembre de 2014

CON GALILEO VIAXAMOS POLO CEO 1

¡Estamos xa a puntiño de despegar!. Como moitos de vos xa saberedes, o noso proxecto deste curso 2014-15 está relacionado co Universo. iniciamos a nosa viaxe da man dun home importante do Renacemento: Galileo Galilei. El vainos mostar un montón de cousas sobre o Sistema Solar, as galaxias, os meteoritos, os cometas, os satélites... 

Hoxe instalamos na nosa aula unha nave espacial de última xeración, con todos os adiantos técnicos chegados dende a NASA polo menos. A nosa nave, non podía ser doutro modo, chámase GALILEO. Nela faremos as nosas viaxes polo inmenso mundo do coñecemento, a ciencia, a investigación e, por suposto, tamén polo universo da fantasía. Espero que o disfrutemos todos moito.


A partir de agora, empezaremos a colocar o noso recuncho sobre o Universo cos materiais (imaxes, libros, obxectos...) que os nenos/as, coa axuda das familias, traian para compartir cos compañeiros/as e para aprender  cousas novas.

Seguiremos informando...


2 comentarios:

  1. Xa lle gustaria á NASA ter unha nave espacial tan chula como a vosa. Ja,ja,ja. Cando pasedes cerca de Marte, dade recordos da miña parte, que teño uns cantos amigos alí. Ja,ja,ja.
    Disfrutade do proxecto.

    ResponderEliminar
  2. QUE NAVE TAN CHULI!!! ESPERO QUE SEMPRE ESTE CHEA DE ASTRONAUTAS DISPOSTOS A COÑECER MOITAS COUSAS DO UNIVERSO.

    ResponderEliminar