Seguimos investigando e aprendendo moitas cousas co noso proxecto "Con Galileo viaxamos polo ceo". Xa sabemos que Galileo Galilei naceu en Pisa (Italia) e que fabricou un telescopio para poder mirar o ceo e coñecer todos os seus secretos.
GALILEO GALILEI TELESCOPIO
No noso recuncho temos o noso propio telescopio, parecido ao de Galileo. O que pasa é que é pequeniño porque realmente é de adorno, e aínda que podemos mirar a través das súas lentes, non é posible ver os planetas. Os pementeir@s quixeron, de todos xeitos, experimentar o que se sinte mirando por este telescopio como facía fai moitos, moitos anos o noso amigo Galileo. Houbo algúns problemas porque parece ser un pouco complicado iso de ter un ollo pechado e mirar co outro, tamén resultou complicado entender que se trata de mirar polo buratiño e non de meter o telescopio no ollo... en fin, son novas experiencias que vivimos na aula...
Por outra banda, xa estamos empezando a poñer cousiñas no noso recuncho espacial. Hoxe Anxo trouxo un globo terráqueo super-chulo porque ten luz, e Noa trouxo un libro moi interesante que ten moitas pestanas para levantar e descubrir máis información escondida.
Tamén temos un libro moi especial que todos os pementeiros/as poderán levar ás súas casas para disfrutalo convosco. Como vedes na portada, é un conto para ler a escuras. Primeiro hai que "cargalo" páxina a páxina coa luz dunha lámpara ou unha linterna e, despois, a disfrutalo en completa escuridade. ¡É chulísimo!
guauuuuu vaia telescopio máis chuli!!! penso que me vou a pasar pola pementeira para que mo prestedes!!
ResponderEliminarClaroooo! Ven cando queiras e levas o telescopio para que os nenos e nenas da Sementeira proben a ver se ven algún planeta.
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarOhhhh que pasada ese libro para leer a oscuras!!!!! Que ganas de verlo!!!!! Voy a preparar una fiesta de pijamas para el dia que nos toque porque seguro que es un exito jajaja
ResponderEliminarPues a ver si empezamos a mandarlo a las casas y ya podéis ir organizando la fiestecilla. Espero que lo disfrutéis mucho con fiesta de pijamas o de astronautas o de marcianitos... lo que se le ocurra a cada uno. Lo importante es aprender disfrutando!
Eliminar