UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 14 de noviembre de 2014

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe, por fin, fomos de visita á biblioteca grande do cole. Os pementeir@s estaban moi emocionados porque é un espazo moi grande e ten sofás, colchonetas, e mesas diferentes onde poder disfrutar da lectura. 
O primeiro que fixemos foi ler un conto moi bonito que non coñecíamos, titulado QUEN LEVOU Á LÚA?

Despois cada neno e cada nena tiveron a oportunidade de escoller un libro para disfrutar no recuncho da biblioteca no que eles/as quixeran situarse.
Establecemos dúas normas básicas:
1.- Prestamos moita atención ao lugar no que collemos o libro (porque ao rematar hai que colocalo de novo no mesmo sitio)
2.- Lemos en silencio, sen molestar aos demáis lectores.
En xeral funcionou bastante ben, pero houbo algúns rapaciños e algunhas rapaciñas que estaban un pouco despistados e non sabían onde tiñan que deixar o libro cando remataron a lectura.























No hay comentarios:

Publicar un comentario