UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 17 de noviembre de 2014

ROSETTA E PHILAE

A semana pasada houbo interesantes noticias moi relacionadas co noso proxecto sobre o universo. Como vin que os pementeiros e pementeiras non me contaban nada sobre a nave Rosetta e o robot Philae que tiña que "acometizar" nun cometa, decidín poñer deberes de fin de semana e o venres pola mañán pedín que tod@s estiveran moi atentos á televisión, e que lle explicaran aos papás e mamás que tiñan que avisalos se nos periódicos saía algunha noticia sobre o espacio.
 



Pois ben, Anxo xa se apresurou tanto que foi comer á casa e cando chegou pola tarde xa traía os "deberes" feitos. Tróuxonos uns recortes de periódico coa noticia da nave Rosetta. Así que, a tarde do venres, estivemos falando un pouquiño sobre o tema.



Hoxe, luns, algúns pementeir@s coñecían algúns datos sobre Rosetta e Philae:Samuel contounos que un robot chocou cun meteorito, Leo aclarounos que era un cometa, Inés engadiu que o robot nos mandou fotos e vídeos do cometa e que a nave se chamaba Rosa  e Noa trouxo un panel explicativo que contiña moita información. Ela contounos que a nave Rosetta soltou a Philae que "aterrizou" sobre o cometa pero quedou sin pila e por iso se apagou. 
¡Parabéns a todos os papás e mamás que lle contaron estas cousas tan interesantes aos seus fillos/as!
Despois seguimos colocando máis cousas no noso recuncho espacial. Mirade:
 

Alba trouxo un Sistema Solar moi orixinal xa que cada planeta está pintado nunha lámina plástica que pode virar arredor do sol. A min gustoume moito porque é unha forma moi sinxela e moi visual de explicar como "funciona" isto dos planetas.


Mencía trouxo outro Sistema Solar verdadeiramente espectacular. Non sei se se aprecia ben na fotografía pero cada planeta vai montado nunha varilla de madeira, co seu nome, que pode virar sobre un eixe central no que se atopa o sol. As varillas teñen unha lonxitude diferente de maneira que poden describir perfectamente as súas órbitas sen tropezar uns planetas cos outros como ocurre realmente no Sistema Solar.Ademáis tamén podemos observar que non todos os planetas teñen o mesmo tamaño, e que a lúa vira arredor da terra... Teño que agradecerlle ao papá de Mencía o seu traballo porque con isto vemos moi, moi claramente como está organizado o Sistema Solar. 

Samuel trouxo un conto titulado Lupe viaja al espacio e un auténtico cohete igualiño que o que ten Lupe no conto. Gustounos moito o conto porque había asteroides e meteoritos que chocaban contra a nave e había que esquivalos. É unha historia emocionante.

E o noso recuncho espacial cada vez está máis cheo. ¡Mirade cantas cousas temos xa! E teño que recoñecer que este ano están chegando cousas moi creativas. 


 E estou segura que aínda van chegar algunhas cousas máis porque algo xa me comentaron na clase. 





2 comentarios:

  1. Estou "alunizando" digooooo alucinando coa impresionante labor destes pementeiros e dos seus papás e mamás. Gracias profe Teté por deixar esta "ventaniña" aberta, sempre é un pracer darse un paseo polo "universo infantil" e ver como animas e fomentas que os papás se impliquen.
    Bicos e apertas e unha carga de enerxía para seguir con ese ánimo. Mela

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Mela, non sabes o que me alegra que nos visites de cando en vez!!!! E sempre co teu espíritu positivo, vendo o lado bo das cousas. Moitas, moitas grazas! Non te esquezas deste "universo infantil". Unha aperta!

      Eliminar