UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 27 de noviembre de 2014

CONVERSAMOS SOBRE O UNIVERSO

Pouco a pouco estamos aprendendo cousas diversas sobre o Universo. Algunhas aínda as temos que investigar mellor porque non as temos moi claras, outras xa están integradas nos nosos arquivos de datos. Cada día hai novo vocabulario que vai aparecendo con toda naturalidade nas conversas cotiás. Como podedes ver cando contemplades as fotos no blog, os nenos e nenas disfrutan mirando con atención e curiosidade os libros que temos no noso recuncho espacial...
Hoxe déixovos aquí un vídeo con algunhas das nosas conversas dentro de "A Pementeira". Recordade que estamos aínda nas fases iniciais do noso proxecto co cal repetimos moito as mesmas cousas, e ás veces costa un pouquiño recordar algún dato (por iso tamén hai moitos cortes para reducir eses momentos en que ninguén fala, ou hai que reconducir a conversación e volver a centrar aos pementeir@s nas cuestións sobre as que estamos a falar, evitando así que o vídeo quede moi longo). Pero penso que é moi interesante ver como van asociando conceptos, como queren explicar coas súas palabras algunhas cousas realmente complexas de entender e asimilar, como van collendo seguridade a medida que falan e "acertan" nas respostas ás preguntas que lles plantexo...


2 comentarios:

  1. Canto saben, e que ben se explican estes pementeiros, e iso con só 4 anos....
    Gracias Tt...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a ti por visitarnos e deixarnos un comentario. Espero ir poñendo máis vídeos para que poidades ir comprobando se van aprendendo máis cousas sobre o universo. Tamén é certo que, ás veces, contan máis cousas cando xogan ou falamos de xeito máis espontáneo pero non está a cámara para rexistralas, jajajaja. Pero, polo menos podedes ver algúns cachiños da nosa xornada escolar. GRAZAS!

      Eliminar