UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 8 de noviembre de 2014

¡MÁIS COUSAS PARA O RECUNCHO ESPACIAL!

Na Pementeira seguimos recibindo cousiñas para o noso recuncho. Inés trouxo un libro sobre o universo e Mencía unhas estrelas que brillan na escuridade.
Mirade que fantástico Sistema Solar fixo Leo e que orgulloso estaba.




Axo, Iker e Lucía tamén nos mostraron, moi felices, as aúas aportacións: un libro con moitas actividades de Anxo, un libro sobre o Universo de Iker e un atlas do espacio de Lucía.

Inés posa moi satisfeita con este telescopio de verdade que lle prestou o seu curmán Hugo (que tamén foi un pementeiro, da miña primeira "colleita"). Grazas Hugo por deixarllo a Inés para qu e o comparta connosco.



Pola tarde xogamos coa plastilina e algúns pementeir@s fixeron planetas e naves espaciais. ¡Mirade!

Aproveito esta entrada para deixarvos o enlace dun precioso corto sobre a Lúa para que o podades disfrutar na casa. Espero que vos guste. Se o queredes ver, clicade encima da palabra LÚA.











No hay comentarios:

Publicar un comentario