UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 12 de noviembre de 2014

O NOSO RECUNCHO ESPACIAL ESTÁ MEDRANDO

Seguimos recibindo materiais para o noso recuncho espacial. Os pementeir@s parece que se van animado a viaxar polo Sistema Solar, a coñecer os planetas, as constelacións e as galaxias. Mirade cantas cousas temos xa...

Alba trouxo unha imaxe do Sistema Solar.

Iago mostrounos un interesante libro que nos explica moitas cousas do Sistema Solar, tamén.

Ana e Zinthia trouxeron tamén libros, neste caso sobre o Universo. ¡Temos moito que ler!

Sara Trouxo un libro musical sobre a LÚA e, tamén, unhas imaxes de Galileo e o seu telescopio, unha poesía que nos conta a historia deste importante home do Renacemento que estudou os planetas co seu telescopio e uns debuxos animados sobre o Universo.

Mariña trouxo un Atlas do espacio e un CD cunha divertida canción que se titula o "Cohete musical".

Anxo trouxo un telescopio de verdade, igualiño que o de Inés e unha esfera que trae todas as constelacións. Estivemos véndoas as escuras e proxectándoas sobre unha parede e un panel de corcho. Temos que levala á aula de desdobre e probar a proxectalas na PDI que é unha superficie moi axeitada para isto. Descubrimos a constelación de LEO, a OSA MAIOR e a OSA MENOR, as PLÉIADES e moitas máis.


Antía trouxo un conto titulado "Crisol  e a súa estrela". Parece unha historia ben bonita así que a imos a ler e disfrutar mañán.




E Candela viña toda contenta cun bonito Sistema Solar feito de plastilina que nos gustou moito, moito.

Pola tarde estivemos disfrutando do curto "A LÚA" que lles gustou moito a todos cousa que non me sorprendeu porque é realmente fermoso.




Parece que este proxecto vai ser un triunfo. ¡Espero que sí!

¡AHHHHHH! Xa se me olvidaba. Como hoxe foi mércores e tocaba froita, Iker sorprendeunos cunha merenda espacial. Case todos os demáis cumpliron coa consigna que di que os mércores son mellores con froita e por iso tiveron de premio un elefante. Sí, un elefante, pero pequeniño porque era só un "tatu" na man.







2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. A verdade é que é precioso! A lúa sempre inspira historias fermosas! A ver se nós escribimos unha entre todos!.

      Eliminar