UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 26 de diciembre de 2018

MOITA LECTURA, AS NOSAS PORTADAS E BOLSAS DE NADAL

    Unha vez rematado o primeiro trimestre, estou feliz vendo mostrándovos cantos nenos e nenas xa romperon aler. Certamente algúns xa o fixeron a finais do curso pasado e agora están collendo moita soltura. Outros/as soltáronse durante estes tres meses e están superfelices (que é o que máis feliz me fai a min, ver a súa stisfacción) e algúns aínda están afianzando cousiñas pero seguro que no segundo e terceiro trimestre se van lanzar e se convertirán en grandes lectores. En xeral, os avances do grupo son moitos e todos/as están mostrando interese e anímanse a intentar ler, a escribir palabras de xeito autónomo, sen medos e ese é o camiño para avanzar e acadar o obxectivo. Co cal, desde aquí a miña felicitación a todo o grupo por estes avances que están a facer. E quero pedirlles disculpas a Óscar e Yeico que tamen saben xa ler estupendamente, pero non atopo as súas fotos (algún erro debín cometer ao gardalas ou algo porque non as teño nin na cámara nin nas carpetas que vou facendo por actividades e meses. Seguirei buscando a ver se as teño "traspapelada". ¡Síntoo chicos! Sacaremos outra foto á volta)










   Realizamos as portadas dos nosos caderniños e decoramos as bolsas para levar os traballos a casa.
























   E despois de tanto traballo, aquí vos deixo un vídeo festivo cos resultados finais de portadas e bolsas, cos sorrisos dos pementeiros e pementeiras e coa música de Blake Shelton, a canción "Friends" que elexín porque fala da importancia da amizade e nestas datas é fermoso recordar que todos debemos ser amigos.





2 comentarios:

  1. Cantos pementeir@s xa romperon a leer👏👏👏,e que pouquiño lles falta seguro o resto de pementeir@s, traballastedes un montón neste primeiro trimestre, estamos super orgullosos, seguide asi chic@s!! Moitas grazas Teté😊

    ResponderEliminar
  2. Por certo elegantísimos no festival!! Boas festas!!!🎉🍾☄

    ResponderEliminar