UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 18 de diciembre de 2018

SEGUIMOS ADORNANDO O COLE

    Xa quedan pouquiños días antes das vacacións e nós estamos xa rematando traballiños e seguimos decorando o cole con adornos de Nadal. tamén estamos a facer as nosas bolsas e portadas dos cadernillos. Aquí van unha chea de fotos destas últimas tarefas do trimestre e do ano 2018. Pero non imos aínda desvelasr como o resultado final das bolsas e das portadas. Iso chegará ao final da semana...
   Aínda estamos recibindo adornos e bos desexos para a nosa árbore. Mariña, Pablo e Óscar foron os que aportaron os seus adornos esta semana.




   Na clase tamén estamos facendo algúns elementos decorativos para os espazos comúns de infantil e para que o día da festa de Nadal teñamos un ambiente ben alegre, brillante e cheo de cores, como sempre nos gusta ter.








































1 comentario:

  1. Encantanos como está quedando a decoración do cole con esos adornos de nadal🎄☃️,xa estamos deseando ver as bolsas😊

    ResponderEliminar